1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Juanito Perelló, o veciño de Carnés que cre haber descuberto o segredo das pirámidesHai un programa no Canal Historia que explica todos os grandes acontementos históricos en base a unha segura intervención alieníxena. Baixo unha pretendida exposición científica, a través dun presentador de apariencia un tanto ridícula acaba un descubrindo que o episodio bíblico da conversión da esposa de Lot en estatua de sal foi provocado pola onda expansiva dunha explosión termonuclear que arrasou a cidade de Sodoma, que os alieníxenas xa dende o primeiro momento infiltraron os altos cargos da Alemania Nazi, que os ánxeles en realidade eran unha clase de extraterrestres chegados dende o espacio exterior para axudar aos seres humanos,  que unha plataforma pétrea submarina en Xapón era a base dende a que os ovnis partían para as súas patrullas interestelares e, obviamente, de que as pirámides de Exipto foron construidas cunha tecnoloxía provinte de alén da galaxia. Pois ben, todas estas teorías un tanto collidas polos pelos veñen de ser aplastadas dun só plumazo por un inventor francés veciño de Carnés (Vimianzo) que uns días atrás se presentou na redacción de Camarinas.eu cargado cos documentos que engaden unha nova volta de tuerca ao misterio da orixe das pirámides.

Nacido un 15 de xullo de 1950 en Mulhouse, na disputada rexión francesa de Alsacia, Juanito Perelló reside dende que se retirou hai dez anos en Carnés. Atrás deixaba na súa patria un fillo este electromecánico retirado que fala os idiomas da súa terra de orixe, francés e alemán, ademáis dun excelente castelán. Foi en 1999 cando Juanito ideou a PyramidStonMachine: un sinxelo artefacto que ten a súa propia patente internacional, elaborado a base de madeira e corda, e que serviría segundo a súa explicación entusiasta para levantar pedras de dúas toneladas ata o cume da pirámide. Con este invento non é necesaria rampla bastando catro das súas máquinas para construir unha pirámide. Un invento que dividío aos exiptólogos de todo o mundo e que non deixou de despertar un certo interese dentro da comunidade científica e do que se fixeron eco televisións francesas así como a propia TVG.

Por elo decidido a levar a cabo a demostración práctica que constate a validez da súa teoría exiptolóxica, este lector habitual do medio de comunicación máis seguido da Costa da Morte presentouse na redacción de Camarinas.eu para tratar de acadar un pouco de apoio institucional/cidadán para acometer ben en Carnés, ben en calqueira outra parte de Galicia, a que será a demostración definitiva da solvencia do seu invento: a edificación dunha pequena pirámide sobre a base cáseque exclusiva da PyramidStonMachine. Para elo busca alguén que ceda un terreo de tipo plano sobre o que facer a proba. Unha demostración que de ter éxito deixaría sen traballo a uns cantos presentadores de apariencia un tanto ridícula e botaría por terra unhas cantas e fantasiosas teorías collidas polos pelos.

Comentarios   

Antonio Puertas
+4 # Pirámide á perpetuidade...Antonio Puertas 02/11/2012 09:58
Pois, despois de ler a miña dona Tita, esta singular noticia, dime: pola miña parte, doulle permiso a este francés de Carnés, a que constrúa unha pirámide na nosa leira do Penedo; total, ¡ po que produce …!. Mellor que aproveite os pelouros do lugar po seu experimento, que estea dando herba pa un gando que xa desapareceu de Beldoña, séculos hai…jajaja

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador