1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Santiago e o seu fillo xunto a limusina que fará de Camariñas unha pequena Las VegasNon contento con mercar recentemente unha embarcación que engrandece aínda máis a xa de por si extensa flota naval camariñana, o noso querido amigo Santiago de Santa Mariña acomete novos e imprevistos desafíos e ven de adquirir a primeira limusina da historia do noso Concello. Recén chegada directamente dende Madrid na tarde do mércores 17 de outubro de 2012 o olfato xornalístico prototípico de Camarinas.eu levábao a captar as primeiras imaxes deste xigante da automoción na nosa vila. Seis impresionantes metros de longo, marca Lincoln (ahí queda eso) que levarán aos seus usuarios a pensar que están a vivir unha noite de mel na mellor e máis espaciosa das suites nupciais.

Porque ese precisamente, o carrexar a noivos e noivas ante o sagrado altar da igrexa ou da patria no que contraer santo ou legal matrimonio, será un dos usos que este percebeiro santamariñán ten pensado como destino deste autobús andante parido nas cadeas de montaxe de Detroit, Estado Soberano de Michigan. Outros serán o de facer despedidas de solteiros (e solteiras) e festas diversas. A novedade importada dende os Estados Unidos fixo fortuna rápidamente no noso concello e así para este fin de semana unha patrulla de chavales de Camariñas xa alquilou a limusina para ir de ruta ata Santa Comba. Desfrutarán duns interiores decorados a base do máis puro luxo hollywoodiense e duns espazos máis propios dun campo de fútbol e mentras, descorchando botellas de champagne e quen sabe se desfrutando dos praceres prohibidos que só a bordo dunha limusina pode otorgar o pecado carnal, pasen baixo os seus pes as carreteras da Costa da Morte sentiranse por unha noite transplantados ao Deserto de Nevada, ás rúas de New York, a Sunset Boulevard. Unha limusina, en definitiva, que convertirá a Camariñas nunha pequena Las Vegas.

Engadir un comentario