1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pasado venres 28 de setembro de 2012 o programa de televisión presentado polo educador canino Borja Capponi "Malas Pulgas" emitido por Cuatro e adicado ao mundo dos cadelos tivo como protagonistas de excepción a dúas camariñanas: Isabel e Marina Campaña Blanco. Dende hai anos Isabel  é socia activa dunha das principais protectoras de animais madrileñas polo que que habitualmente a súa casa se convirte en fogar adoptivo temporal para aqueles cadeliños abandoados aos que se lle está a buscar uns donos definitivos e que por diversas razóns non poden vivir no Centro de Acollida. Un deles fui no seu día un canciño impertinente e ladrador que se chamaba Bénder e que por misterios do destino rematou como redactor de Camarinas.eu e outra fui a protagonista da edición de Malas Pulgas en cuestión: Pitita.

É Pitita unha cadeliña de idade un tanto lonxeva, 10 anos, algo que nos humáns viría supoñendo uns 70 anos, á que despois dun cantos meses de acollida por Isabel e Marina lle apareceron dous candidatos a adoptala definitivamente, momento éste no que entrou en escea o programa de Cuatro que deste xeito quería fomentar algo que por desgracia non é moi común nos nosos días: xa non o feito de que se adopten nas diversas protectoras existentes cadeliños abandoados (en vez de malgastar cantidades absurdas en mercar exemplares de raza provintes na súa maioría de factorías industriais do este de Europa), senón que esto redúcese drásticamente en cánidos de idades avanzadas, que agotan polo tanto os seus últimos días en anónimos centros sen coñecer a calidez dun fogar nin o cariño duns donos. Especialmente emocionante foi o momento en que ao despedirse de Pitita, Marna non puido evitar unhas bágoas de emoción polo ser vivo que desaparecía definitivamente da súa vida e co que tan grandes momentos compartira durante os meses anteriores.

A exemplar e vital labor desenrolada polas Protectoras colle especial relevancia cos gravísimos feitos que están a acaecer na Provincia de Pontevedra, onde o ente deputacional presidido polo popular Rafael Louzán pretende neutralizar o traballo extenuante e desinteresado das protectoras da provincia ca posta en marcha dun Centro de Exterminio masivo en Meis, unha macroperrera, un Auschwitz canino, un Treblinka perruno, dotado da súa correspondente incineradora para aniquilar de forma industrial todos aqueles pobres canciños que por mor da irresponsabilidade, estupidez e egoísmo humanos quedaron abandoados. Especialmente graves e indicativas as palabras que segundo contan os responsables das protectoras de forma presunta lles dedicou o presidente en conversa privada ("súdanma os cans"). Así, xa falan as protectoras dunha empresa próxima á sensibilidade política da Deputación lista para encherse os bolsillos masacrando cánidos a través dun contrato de xestión do servizo en cuestión. Triste España a dos nosos días: non contentos os políticos responsables ca súa corrupción, amiguismos e clientelismos de levar de modo meteórico toda unha nación á ruina que nos devora, agora adícanse a sabotear os esforzos da sociedade civil. Con políticas de exterminio como a antedita Pitita, antes de aos seus dez anos atopar por fin uns donos, quedaría polo camiño, polvo de incineradora ao aire de Meis.

Comentarios   

galego sempre
0 # RE: Dúas camariñanas en "Malas Pulgas"galego sempre 11/10/2012 21:42
O que tiña que facer esa Deputación era queimar algún pufista e ladrón nesa incineradora
Responder | Denunciar ante o administrador
unha de tantos
+2 # criminal¡¡¡¡¡unha de tantos 13/10/2012 01:58
Como un personaxe publico,pode ser tan criminal?,deber ianlle quiemar os migueles a él(porque os cans lla sudan) e si quer un acompañante,que veña buscar a raza dos Nazis,xentuzaaa aaaaaaa¡¡¡¡¡¡¡
Responder | Denunciar ante o administrador