1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Canario xa luce figura no Muelle do CurbeiroContinúa a racha de boas noticias para a flota camariñana e así nunhas épocas nas que a meirande parte dos portos galegos vai a menos, o noso segue a engrandecer a súa importante nómina naviera. Así seguindo a estela daqueles buques que nestes últimos anos foron recalando en Camariñas desta volta o recén chegado é o "Canario", embarcación procedente de Fisterra e adquirida por un dos nosos veciños para traballar nestas augas. Unha boa noticia económica para este concello que se espera sexa rubricada en breve coa chegada de dous barcos máis. En efecto, segundo informacións ás que tivo acceso Camarinas.eu dúas embarcacións xa foron mercadas por sendos veciños dunha Vila das Palilleiras que deste xeito ve como a flota do seu porto se convirte na máis importante da Costa da Morte e unha das máis punteiras de Galicia. Neste sentido debe ensalzarse a un empresariado marítimo camariñán que a pesares dos tempos de crise que vivimos, non dubida en arriscar invertindo na vila da súa alma, construindo traballosamente a Camariñas do futuro.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.