1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Andreas Gabriel e o catamarán que da a volta a Europa. Fotos: Paco Nadal e Diego AlonsoDespois de máis de vinte anos recibindo os máis estilizados veleiros, os máis impresionantes palacios flotantes, iates de tódalas clases, os pantaláns do Club Náutico de Camariñas vían como este mércores 12 de setembro de 2012 arribaba a que nembargantes todo o anterior pode considerarse como unha das súas visitas máis grandiosas. En principio na lexanía parecía un catamarán un tanto destartalado, pero xa ao seu carón constatábase con asombro que estábamos en presencia de dous kayaks unidos por un tubo de aluminio, impulsado polos mástiles de dous sinxelos optimist xunto a un pequeno motor foraborda. Algo co que en principio un non se atrevería nin a ir ata Muxía un día de temporal mediano. Pero o que realmente fai que se abran como pratos os ollos do redactor de Camarinas.eu é enterarse da procedencia desta desmembrada mezcla de canoa e bote caseiro así como a da súa historia e a do home que heroicamente o patronea: o súbdito de nacionalidade xermana Andreas Gabriel.

Natural de Hamburgo, o lexendario porto hanseático, con 43 anos, dous fillos adolescentes e unha ex-muller, en maio de 2011 este intrépido mariñeiro embarcouse na titánica labor de circunvalar toda ou alomenos gran parte da costa europea a bordo dun rudimentario catamarán, o "Sailing for good thoughts" (Navegando polos bos pensamentos). Xa antes, este prodixio físico cruzara Europa de Dinamarca a Marsella nun pequeno triciclo da súa invención. Para acometer esta arriscada singladura marítima partía de Hamburg un 11/05/2011, costeaba Holanda pero en vez de continuar ata Bélxica decidía subir pola desembocadura do Rhin, pasar ao Maine e despois ao Danubio, costear as ribeiras fluviais de Baviera, Austria, Hungría, Serbia, saír polo delta que marca a fronteira natural entre Rumanía e Ucrania; descender pola costa búlgara, a turca, cruzar o Bósforo (alí onde foi hóspede distinguido do embaixador exipcio), bordear as illas gregas, a península, itálica, a ibérica tras superar o sur de Francia, e finalmente chegar a Camariñas este mércores de setembro. Por diante queda o Cantábrico, a costa atlántica francesa, Bélxica, Holanda e novamente Hamburgo. Un total de máis de 5.000 millas marinas en solitario.

O máis increible de todo é que fai a súa viaxe sen un só euro, tan só confiado á boa vontade das xentes, as que deberán proveelo todo o necesario en canto a alimento, combustible e refuxio. Lamentablemente non chega no mellor momento ao CNC e bastante sorte terá se marcha sen que lle endilguen un pufo. Neste sentido debe recalcarse que a pesar do rudimentario da embarcación Andreas viaxa acompañado por un i-pod, placas solares nas que se recargan as baterías do GPS, unha cámara fotográfica resistente a auga e un portátil co que se conecta en wi-fis gratuitos de bares para comprobar o tempo que o agarda e narrar a súa viaxe na web que dirixe (www.der-mit-dem-wind-faehrt.de). Toda unha bagaxe que garda nun compartimento estanco do catamarán.

Ata o de agora o peor da súa viaxe aconteceu preto da illa grega de Mikonos cando olas de catro metros encheron de auga o casco dos kayaks e condeárono a avanzar penosamente dous nudos á hora. Elo foi antes de chegar a Camariñas, claro, con anterioridade a arribar ás instalacións okupadas ilegalmente do CNC e trabar coñecemento co noso tembloroso marmitón naviero, o chef da vella escuela chamado agora, no crepúsculo da súa azarosa existencia, a revolucionar dunha vez e para sempre despois dun par de leccións na Deputación Provincial o elitista universo da gastronomía mundial (ríanse vostedes do Noma de Copenhague e de René Redzepi: ¡¡nin ás suelas lle chegan!!). Calqueira acontecemento é posible, sobre todo cando apoiado na porta da cafetería ilegal, copa de viño en man, contemple preocupado o rudimentario catamarán e pense que vaite ti a saber que si perde o PP as eleccións autonómicas non será mellor coller xa este cayuco e marchar ahí polo mar abaixo. ¿Veremos os nosos queridos peliños enchoupados peregrinando polos mares a semellanza daqueles eremitas, peregrinos penitentes, que arrastraban os seus osos pecadores ata Terra Santa en busca de redención?

Comentarios   

¡¡¡VIPROGA PAGA¡¡¡
+1 # RE: Un bote dando a volta ao mundo¡¡¡VIPROGA PAGA¡¡¡ 19/09/2012 19:17
¿E este homiño marcharía cun bo pufo tamen?vai ti a saber si non o deixaron en pelotas.
Responder | Denunciar ante o administrador