Camariñas pódese quedar con único taxi de servizoNos bos tempos do servizo tampouco era que houbera moitos taxis en Camariñas pero é que das dúas únicas licenzas de taxi actualmente en servizo unha delas sae á venda por xubilación do seu titular. Os interesados en adquirir a citada licencia e evitar deste xeito que a Vila das Palilleiras quede cun único taxi operativo poden chamar aos teléfonos 639 96 74 50 e 981 73 64 46. Nestes tempos e crise agónica e terminal e de paro desbocado, vendo que temos aos mandos da nave española á mesma clase política desvergonzada culpable de desvalixar o país e levalo á ruina, en principio non parece mal negocio, sobre todo se temos en conta que o que é competencia non vai haber moita, e ademáis á vista da caída en picado das ventas de automóviles...

Polo tanto aquí en Camarinas.eu visto que xa non queda moito para que sexa desahuciado para sempre do Club Náutico e a ver entón de que imos a vivir, vendo as súas limitadas habilidades, esperando que dunha maldita vez os seus superiores en vez de recortar soldos de empregados públicos e prestacións e servizos aos cidadáns poñan fin á tomadura de pelo que supón o seu soldazo na Deputación Provincial (a cambio da noble labor de andar tirado polos bares), pois co mellor dos desexos recomendamos ao noso querido cociñeiro naviero e okupanáuticos profesional que non o dubide e faga unha boa oferta pola licencia en cuestión. Deste xeito poderá emular aos taxistas afganos e pakistaníes da cidade New York e, cun turbante na cabeza e música oriental de fondo, mentras conduce poderá ir asesorando aos clientes dunha forma tan impecable e xurídicamente experta como soe facer durante as súas extenuantes xornadas de traballo na Deputación, onde non se move un só papel sen o seu visto bo. Agora, eso sí, este é un posto de traballo que esixe unha certa sobriedade e abstención alcohólica e borracheril e tal vez por ahí poidan vir os problemas. Amén de que posiblemente o vendedor, coñecendo o percal, vai esixir o pago por adiantado e en cash e polo tanto ahí xa te podes ir olvidando de tratar de endilgar un enésimo pufo, querido asaltador de negocios. É o que ten vivir nun pobo: que aquí nos coñecemos todos, pero sigue probando que algún papanatas (incluso a estas alturas da película) non che ha de faltar.

Comentarios   

JACINTO
+1 # taxi en camariñasJACINTO 02/08/2012 20:55
A COMPRA DUN TAXI EN CAMARIÑAS SEMPRE SERÁ MAL NEGOCIO , SERMPRE QUE OS SEÑORES POLITICOS QUE TEMOS NON MOVAN UN DEDO PARA QUE PAREN DE FACER VIAXES XENTE XUBILADA OU TODO AQUEL QUE LLE APETEZA FACER VIAXIÑOS POR DEBAIXO DO PREZO ESTIPULADO . POR CERTO E PARA QUE TODOS SE DEN POR ALUDIDOS CANDO DIGO POLITICOS ENGLOBOOS A TODOS DENDE CAMARIÑAS ATA DIPUTACION XUNTA ETC POR CERTO NON E UN DISCURSO POLÍTICO E UNHA DENUNCIA DE ALGO QUE ME PARECE INXUSTO , O IGUAL QUE ALGUNS TAXISTAS QUE COBRAN DE MENOS , ALBAÑILES QUE TRABALLAN ESTANDO DE BAIXA ETC ETC ETC GRACIAS E UN SAUDO
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario