O experto apicultor Manuel Iglesias salvou a Camariñas dun apocalipsis bíblicoDebido aos pecados masivos e noxentos perpetrados contra as súas leis eternas por un okupanáuticos malvado e bebedor, Deus o Noso Señor decidío castigar á toda unha Vila das Palilleiras cunha serie de castigos consecutivos semellantes a aqueles que asolaron ao Exipto bíblico do Faraón Ramsés. A primeira destas punicións penitenciais tiña lugar en plena Festa do Carme cando unha praga de abellas  adueñábase da Rúa San Miguel ante a vista atemorizada e arrepentida dunha veciñanza que xa se temía hai tempo que as andanzas navieras do asaltador de negocios particulares traerían como consecuencia inevitable a ira divina do Yavhé vengativo e xusticiero do Antigo Testamento (Ezequiel 25:17).

Un ataque de abellas asesinas e posiblemente africanas nun dos días máis sinalados do ano. Sobrecollidos os corazóns camariñáns pola clara mensaxe dun Creador omnipotente seriamente disgustado por dar toda unha vila refuxio e repouso a semellante pecador reiterado e reiterativo no seu seno, a veciñanza humilde e traballadora dou aviso nun primeiro momento á dotación de Protección Civil. Ésta, realizado un rápido análise da situación, acabou concluindo que a única solución posible viría da man dun representante dun distrito, piadoso e cristiano antigo, ao cal nin o mesmísmo Pai Eterno ousaría contradecir e responsable co seu voto masivo nas derradeiras eleccións municipais de tumbar para sempre as ambicións políticas do cociñeiro naviero: Buría.

Así na media tarde da Festa do Carme facía acto de presencia un apicultor burián experto, Manolo Iglesias, o cal rápidamente e cuns fumes procedentes das alturas camariñanas reconducía rápidamente ás abellas sin un só rasguño nin para a súa integridade física nin para a destes insectos polinizadores cara unha caixa que estaba chamada a ser o seu novo fogar no distrito mái antigo da Vila das Palilleiras. E todo elo ca aprobación e resignación dende as alturas de Deus o Noso Señor. Neste punto debe sinalarse que non hai moito tempo polo extractor da cociña do fogar dun dos nosos redactores colábase todo un enxambre de abellas, se ben éste, consecuencia das moitas lecturas, optou polo método xérmanico dun gaseamiento masivo como forma de solución final provocando en consecuencia un holocausto abelleril.

¿Cal será a vindeira das pragas en asolar Camariñas por mor dos pecados masivos e noxentos deste redivivo Ramsés camariñán ao cal tan só hai que cambiar a perilla faraónica por un mostachiño encharcado ata os topes? Seguramente e polo dano irreparable causado ao ánimo do okupanáuticos non deba descartarse unha pronta conversión divina do viño e resto de licores altamente etílicos en auga, algo co que asemesmo deberemos cargar pesadamente por culpa deste pufista desvergonzado o resto da veciñanza. ¿Ou polo contrario, a vindeira das pragas será o asesinato (político) do que él pretende que sexa o seu primoxénito? Así, visto o novo pacto asinado en datas recentes entre o habitual perdedor de eleccións de todo tipo e o autodenominado director do estercoleiro cibérnetico habitual (¡¡o meu reinado por un poquiño de axuda mediática nos meus batacazos a conta do golpe de estado no Club Náutico!!), sen a máis mínima dúbida posible o orondo e paquidérmico delfín político do okupanáuticos malvado e bebedor verase linchado tumultuosa e masivamente pola súa propia militancia para desgracia dos socialistas camariñáns.

Malos tempos éstes que se viven en Camariñas, ao borde a nación dun rescate xermánico das finanzas (unha invasión completa dun país: o que non conseguiron o Kaiser Guillermo I en 1914 nin Adolf Hitler en 1941), con recortes aos empregados públicos nos seus salarios e aos cativos e pensionistas nos seus sevizos básicos mentras un iletrado asesor deputacional supoñe anualmente un gasto de 25.000 euros (¿pero que terá que asesorar a altos funcionarios do grupo A1, a élite da función pública, un tipo que por non ter non ten nin o Bachiller?), ao que ven a sumarse un castigo divino por albergar no noso seo ao ser máis destructivo, maléfico, okupa e bebedor que viron os séculos na Costa da Morte. O peor de todo é que tal vez o teñamos merecido.

Noticia dedicada humildemente á memoria de Hunter S. Thompson, cuio maxisterio impregnou a redacción da presente noticia.

Engadir un comentario