1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

María de Sujas, Rosita e Mari Carmen pintan a caseta de información con motivos camariñáns

Seguimos aquí en Camarinas.eu adicando noticias en portada ás boas xentes de Camariñas que, preocupadas pola imaxe que o seu pobo poda transmitir aos turistas que visitan a nosa vila, colaboran en todo o posible, ben sexa con traballo ou ben con boas ideas para mellorar esta imaxe e crear cousas orixinais. Como esta que vos estamos a mostrar neste artigo: as rapazas camariñanas María de Sujas, Rosa Mouzo e Mari Carmen Diéguez levaban xa planeando todas estas semanas crear un mural pintado a man ao redor da destartalada caseta de información turística que o concello ten no Paseo Marítimo. Mural que representará en pintura as características e esencias prototípicas da nosa vila como as palilleiras, o faro, as caramiñas, etc... e ademáis darlle un lavado de cara a esta casetiña. Así hoxe venres tiñan pensado rematar a primeira parte deste traballo que, coa colaboración do Alcalde Pichurri, comezaron onte 12 de xullo. En fin, unha moi boa iniciativa das boas xentes anónimas de Camariñas (para políticos asaltanegocios e okupanáuticos xa estamos ben servidos) que recollemos aquí en Camarinas.eu e que seguro cambiará para millor a proxección turística do noso Paseo Marítimo. Noraboa chicas! Esperamos máis ideas vosas e cuidado co okupanáuticos: ¡¡non vos vaia asaltar a casetiña turística!!.

{phocagallery view=category|categoryid=882|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario