- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Xullo 2012 08 Xullo 2012
En datas recentes dentro do seu compromiso perenne por dar o mellor servizo posible a todos os seus lectores e usuarios Camarinas.eu ven de instalar un novo e innovador módulo de comentarios, ideal para unha web de presentación cuidada e contidos serios e rigurosos como cremos que é a nosa, un medio no cal nunca terán cabida os rumores, os disques, as infamias, nin o terrorismo informativo como forma de beneficio persoal, e que trata de extender a seriedade das súas noticias aos comentarios das mesmas, non admitindo insultos nen alusións de mal gusto a terceiros, intervencións soeces e infamantes, nen autocomentarios, obviamente. Un estricto control de calidade imposto polo libro de estilo de Camarinas.eu, xa que sempre é moi tentador deixar que a túa páxina se convirta nunha plaiada (con perdón). Nunca foi este o noso caso e por elo durante os derradeiros cinco anos fomos de forma consecutiva o medio de comunicación máis leído da Costa da Morte.
A instalación do novo sistema de comentarios coincidía máis ou menos co arranque de xuño e agora que completamos o primeiro mes de nova andaina toca pasar revista. E así, os datos que arroxa o concurso dos mellores comentaristas de xuño constatan que o usuario que máis comentarios fixo ten a súa residencia en Suiza, dende a cal realiza un completo seguemento ás novas da súa terra: o noso querido Kinos (Recismindo Carril) que está actualmente no país helvético traballando ca súa esposa e o seu fillo. Por outro lado, a comentarista máis valorada polos usuarios nos seus comentarios foi unha clásica destas páxinas, unha muller que en tempos contribuío tan decisiva e desinteresadamente ao desenrolo da web que representa os intereses apolíticos, independentes, dos veciños do concello: Lucía Carril Ageitos (Lucia_18). O caso é que estamos aquí en Camarinas.eu dándolle voltas a como agasallar dunha maneira humilde pero sinceira o compromiso dos nosos usuarios ca web da súa terra, e así, en principio tódolos meses podería haber un concurso que premiaría a fidelidade dos usuarios, ampliando a participación dos mesmos, mediante unha foto antiga de Camariñas, un diploma, que sabemos nos... Xa se lle ocurrirá algo a esta redacción.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.