1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Giuseppe Ricci, feliz despois de completar unha ruta de máis de 1.700 kilómetros

Finalmente, despois de tres semanas a lomos dunha bicicleta chegou o Giuseppe Ricci a Camariñas. Fíxoo a eso das 6 da tarde dun día especialmente desagradable: a pequena chovizna que o recibía convertíase non moito despois nun forte aguacero que obrigou a acelerar a histórica sesión fotográfica e correr a resguardarse a cuberto. Na Praza de Insuela esperábano a Directora da Mostra do Encaixe, a Concelleira Sandra Ínsua e o Alcalde Pichurri. Giuseppe completaba a última etapa hoxe dun giro único de cáseque 1.700 kilómetros despois de saír na mañán deste xoves 5 de xullo de 2012 dende Santiago de Compostela. Atrás quedaban 20 días de ruta a través da Italia Central e gran parte de España, dende Barcelona, discorrendo gran parte do seu tour a través do Camiño Xacobeo. Un tempo que dou ocasión a Giuseppe de emular a grandes exemplos dunha nación de deportistas excepcionais como Italia. ¿Quen non lembrou vendo a Giuseppe na tarde de autos os bos tempos de Gianni Bugno, de Claudio Chiappucci, do malogrado e xenial Marco Pantani?

Tanta esforzo, todo este sacrificio, para traer dende a Comune de Offida (Concello de Offida) un documento oficial firmado polo seu máximo rexedor no cal se invitaba formalmente ao Alcalde de Camariñas a participar na Semana do Encaixe de Offida que se celebrará no mes de agosto. Un documento chamado a facer historia nas relacións entre dúas das vilas con maior tradición encaixeira do mundo e que portaba a lenda que reproducimos máis abaixo. Polo demáis, unha vez completada con éxito a súa misión e despois dunha noite de reparador descanso, este venres retomará a bicicleta para cubrir o camiño que o separa de Coruña onde o espera a súa moza Miriam.

Carta do Síndico de Offida ao Alcalde de Camariñas

Gent.mo Sindaco,

La Città de Offida è lieta di invitare la Città di Camarinas alla quarta edizione della Settimana del Merletto
che si terrà a liglio 2013.
Certti della Vostra partecipazione, porgiamo sentiti saluti.

Offida, 16 giugno 2012

Il Sindaco,
Dott. Valerio Luccarini de Vicenz
i

{phocagallery view=category|categoryid=881|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

Gianfrancesco
+3 # ComplimentiGianfrancesco 07/07/2012 15:24
Un impresa! Bravo Giuseppe! Spero che questa impresa ti sia di aiuto per affrontare le altre imprese che la vita ti chiederà di affrontare. Un saluto a te e a tutti quelli che ti hanno aiutato in ogni modo per la riuscita.
Grazie a tutti
Gianfrancesco
Responder | Denunciar ante o administrador