1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Lara Pasantes Campaña, unha fermosa e intelixente camariñana, recén Diplomada en Arquitectura de Interiores pola Escola Superior de Arte da Coruña presenta a iniciativa de Camarinas.eu ao máis numeroso público cibernético da Costa da Morte o que foi o seu Proxecto de Fin de Carreira: un espectacular vídeo que amosa o uso do Faro Vilán como centro de Interpretación, como ámbito de exposicións diversas, un espacio en definitiva adicado ao universo cultural do noso ámbito territorial. Unha reorganización de interiores ambiciosa e vanguardista do máis célebre monumento camariñán que non deixará indeferentes, manifestación do talento desta xoven e experta palilleira asidua participante da Mostra do Encaixe e de diversas demostracións que despois de diplomarse como Técnica de Farmacia unha vez superado o bachiller decidío acometer desafíos de maior envergadura ingresando na Escola Superior de Arte da cidade herculina. A primeira proba da súa creatividade, a mostra do que espera en breve demostrar no mundo profesional unha vez que atope ese ansiado posto de traballo que anda buscado, tan só en Camarinas.eu.

Pídenme os redactores de Camarinas.eu que escriba, agora que xa estou diplomada pola Escola Superior de Arte da Coruña,  un pequeno texto acerca do que fui o meu Proxecto Final de Carreira (PFC). Unha cousa debo recoñecer antes que nada: dende o momento no que entrei na Escola e me enterei de que para poder diplomarme tiña que facer un PFC, xa sabia que ía a facer un edificio de Camariñas e de entre eles estaba o Faro.  Así, sempre que tíñamos que facer un traballo de temática libre, collía un edificio de Camariñas e relacionábao co encaixe, co faro ou ca pesca porque era algo que a min me gustaba e a parte habia compañeiros que non o coñecían porque eran de fóra (Lugo, Asturias …) e era unha forma de promocionar o meu pobo.

En canto o PFC, a idea en un principio era facer un hotel de 5 estrellas con un bo restaurante, pero o final acordándome do que peleara Alonso por conseguir que o faro se utilizase para que a xente puidera visitalo interiormente como museo, e falando con Cristina, a súa muller, decidinme por facer un Centro de Interpretación Nacional e Internacional de Faros.

Unha vez que tiña as ideas claras, de presentar o anteproxecto ó tribunal que rexía o PFC  e de que me aceptasen a idea, empecei a elaborar o proxecto. O eixe principal era conseguir que o edificio fose útil, é dicir, como un ben para o pobo, no que a xente puidese disfrutar dun “museo” propio de faros e o mesmo tempo utilizalo como un punto de información turístico da zona no que se destacaría o Concello de Camariñas e as súas artesanías, con talleres de encaixe e artes pesqueiras, nos que o turista poida aprender desde “pasar os pares” a facer unha malla dunha rede.

Trataríase dun Centro de Interpretación donde se mostre os visitantes os aspectos mais importantes do faro, información da historia dos naufraxios ocorridos nas mediacións do mesmo, ademais de divulgar información dos faros, non solo da Costa da Morte senón tamén do resto de faros nacionais e faros internacionais. Tamén se reservou un espacio para exposicións de fotografías, pinturas ou obxectos, procedentes de artistas galegos que comezan as andadas, esta zona estaría compartida con unha pequena tenda e o punto de información. Como o faro recibe muitísimos turistas cada fin de semana, sobre todo autobuses, pensei en facer unha sala de audiovisuales. Esta sala utilizaríase para ese grupo de turistas que ven con cita e na que se lles explicaría o que vai ver dentro do edificio e o que pode facer, tamén pensei que se podería usar para impartir clases. Finalmente, tamén pensei na fareira que vive actualmente no faro, polo que se fixo unha pequena vivenda con despacho na parte traseira do edificio. Esta vivenda utilizaría as escaleiras orixinais do faro, e que dan acceso a torre, quedando de esta forma aislada do resto do Centro de Interpretación. Realizar todo esto non foi tarefa fácil, xa que o edificio non está adaptado a persoas con discapacidade física, polo que houbo que instalar un ascensor e dotar ó edificio de unhas novas escaleiras. Ademais o estado actual do forxado non é moi bo polo que no proxecto constrúese un forxado novo de madeira.

Ahora, ca perspectiva que da o paso do tempo, unha vez revisado o proxecto con detenimiento, detecto cousas que cambiaría pero tamén é certo que ainda non en tres meses que hai para realizar o PFC, bastante fixen, jajaja!!!  Non sei si me explallei demasiado, pero intentei non entrar muito en temas de construcción e instalacións para aburrir aos lectores de Camarinas.eu. Así que agora vos diredes.

Comentarios   

kinos
+2 # RE: Un Proxecto sobre o Faro Vilánkinos 13/06/2012 21:20
Noraboa a Lara pola sua diplomacia.Como Camariñan agradezo que pensaras no faro como proyecto e con elo impulsar o turismo do concello.Parece me unha idea moi acertada a de usar estas instalacions como museo-informaci on que penso que sera moi valorada polos visitantes que veñan a deleitarse pola gran paisaxe e faro historico que pose a nosa costa.saudos
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Un Proxecto sobre o Faro VilánBeldoña 13/06/2012 22:30
Noraboa, Lara. Eu tamén, como camariñan, agradezco que te houberas fixado no noso Faro Vilán para presentar o teu proxecto de Fin de Carreira. Xente coma tí é que necesita o noso País,e, pola parte que me toca, douche as grazas e, posto en pe, aplaudo a túa fermesa iniciativa.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Oscar Rellán
+2 # noraboaOscar Rellán 14/06/2012 09:22
Parabens Lara, encantoume o teu traballo!! Estou convencido que chegarás moi alto na tua profesión!
Responder | Denunciar ante o administrador
Lara
+3 # Proxecto sobre o Faro VilánLara 14/06/2012 13:05
Gracias a todos, alégrome de que vos guste e sobre todo gracias a Diego por darme a oportunidad de publicalo en Camariñas.eu.
Muitas gracias!
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # Noraboa Lara!diegoalfr 14/06/2012 17:56
Lara eres unha artista... si señor. Aínda que a min a idea de convertir o noso faro nun hotel de luxo cun bo restaurante na planta baixa gustábame máis. Mira ti donde temos unha arquitecta de interiores en Camariñas!! E ademáis moi preparada! Para a próxima xa sabemos!
Responder | Denunciar ante o administrador
olen
+2 # proxecto sobre o faro Vilanolen 14/06/2012 18:22
Estamos muy contentos da acollida que estas tendo co teu traballo.Sigue tan autentica,coma sempre.Saludos de todos.
Responder | Denunciar ante o administrador
olen
+2 # RE: Un Proxecto sobre o Faro Vilánolen 14/06/2012 18:56
Hola lara o que fixestes esta mui ben espero que encontres un bo traballo por que ideas non che faltan .Noraboa Sergio
Responder | Denunciar ante o administrador
Lara
+2 # Proxecto sobre o Faro VilánLara 14/06/2012 19:10
A min o do hotel tamén me gustaba muito, e era o que quería facer no principio, como che comentara Diego, pero o tribunal rechazoume a idea porque xa habia outros proyectos da misma categoria, pero bueno ainda se pode facer por libre :lol: , como di o dito: nunca é tarde. E si xa sabes para a próxima, que despois mátame Maria José por non avisarvos, ainda que a tienda xa vai para anos así que quedou genial.
Responder | Denunciar ante o administrador
este
-4 # proyectoeste 15/06/2012 11:36
Bon deixar a miña opinion e espero non ofender a nadie ou eso non e a miña intencion:O proyecto parecem que esta moi ben e tampouco poño en duda a capacidad de Lara cando algien esta capacitada para facer un proyecto ten que ter os seus estudios e eso eu non o dudo inda que non a coñezo,o que po meu punto de vista esta mal e querer modernizar un monumento historico como e o dios do noso pueblo,o faro villano tiña que segir sendo eso unha simple antiguedad non unha antiguedad modernizada,si nos fijamos en locales e cousas que nun futuro eran boas o modernizalas morreron pouco a pouco ou de golpe,eu penso que es e o que se esta facendo co noso apreciado faro,ojala me equivoque pero o tempo dara a razon,eu non don a ehoraboa porque me parece que estamos arruinando algo historico,pamin facer eso e como recebar recebar un hotel rustico de pedra ou poñer ventanas de pvc nun horreo,(cabazo) ,espero que nadie dse ofenda pero e o meu punto de vista.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+3 # Video do Faro Vilándiegoalfr 15/06/2012 13:59
Operador de video: Juan González Soto (con unha cámara de fotos compacta)
Montaxe: Diego Alonso

Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+3 # RE: Un Proxecto sobre o Faro Vilánkinos 15/06/2012 21:17
A (este):queda clara a sua opinion e eu admiroa e respetoa.Eu comparteria a sua opinion,pero,e que isto so e unha renovacion interior da caseta para axeitala os servicios de informacion e deleite das pezas e videos que se pretende aqui espoñer os visitantes,pa maior esplote no sector turistico.Se ben non me equivoco,non se pretende tocar o faro Vilan nin estructuras de tan antigas instalacions do cal eu enton tamen seria contrario ante tal pretencions.sau dos meus e bon finde!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Shion83
+3 # RE: Un Proxecto sobre o Faro VilánShion83 16/06/2012 00:20
Increíble traballo, e díjoo de corasón xa que puden velo de primeira man jrasias a un dos redactores de camarinas.eu. Ahora xa sabes o que toca Lara, sejir peleando e triunfando!
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+4 # RE: Un Proxecto sobre o Faro Vilánlucia018 16/06/2012 12:47
Enhorabuena..La ra, encantoume o teu traballo! :P
Responder | Denunciar ante o administrador
Lara
+4 # Un Proxecto sobre o Faro VilánLara 17/06/2012 20:31
A ver, este é un proyecto final de carreira, non un proxecto que se vaia realizar (ainda que nunca se sabe :P ). "Este", a min non me parece mal o teu comentario, o contrario, gústame que cada un aporte a súa opinión, sea a favor ou en contra, pero gustaríame aclarar que o faro, tal e como o vemos actualmente, data de arredor do 1900, polo que non é un edificio tan "histórico" e de feito non ten ningún nivel de protección nin normativa específica. De todas formas, o meu proxecto conserva o edficio tal e como está, miña intención simplemente é darlle unha utilidade a un edificio que a merece porque leva moitos anos desaproveitado, e somos moitos os que cada vez que subimos hasta a explanada, os que nos gustaría recorrelo de punta a punta.
De todas formas "este" agradezo moito o teu comentario.
Alberto e Lucia alégrome de que puiderades ver o proxecto e de que vos gustara :lol:, moitas gracias, de verdade.
Un saúdo a todos!
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+2 # RE: Un Proxecto sobre o Faro VilánE logo ti de quen es 18/06/2012 14:16
Precioso proyecto que como mínimo contribuye a mantener viva la ilusión de hacer algo que dignifique al Vilan y a Camariñas en tan emblemático faro. Un afectuoso saludo a todos.
Responder | Denunciar ante o administrador