1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pobo de Camelle lanzado en tromba á limpeza dos seus areaisNestas épocas de recortes administrativos a mansalva (salvo para os soldos sen xustificar de okupanáuticos profesionales devenidos en cociñeiros navieros), as boas xentes de pequenos pobos remotos deixados das mans de Deus polos grandes poderes públicos comprenderon ben cedo que ninguén se viña a vir a ocupar dos seus asuntos. Por elo, dentro dunha iniciativa promovida pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), os alumnos e profesores do CEIP de Camelle asaltaron este venres 8 de xuño de 2012 a Praia da vila máis norteña do noso concello para proceder a unha limpeza a fondo de todo o lixo da mesma de tal calibre que ata o mesmísimo e agora desaparecido nun exilio de raíces sureñas Míster X, o Heroe Enmascarado Camariñán (HEC), se sentiría orgulloso e ao borde das bágoas.  Bágoas incontibles e anegadas nun mar de rons caribeños. Así pois, encomiable labor a realizada polos rapaces norteños que se uniron a un movemento que raspou ata a derradeira pátina de suciedade que inundaba os areais galegos. De Burela ata Sanxenxo, de Nigrán ata Camelle. O espíritu do derradeiro Heroe Enmascarado feito realidade por un puñado de valientes nun areal da súa amada patria.

{phocagallery view=category|categoryid=873|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=2}

Engadir un comentario