O CIES, Tribunal Revolucionario da man do Maxistrado do Río do PradoNeste incerto día do 10 de maio de 2012, nunha das decisións máis acertadas dos últimos tempos, fíxose público que o Concello de Camariñas acababa de trasladar as instalacións do Xulgado de Paz ata o Edificio de Iniciativas Empresariais, xusto ao carón do prestioxoso bufete do Maxistrado do Río do Prado. Desta forma farase posible a administración por un dos máis preclaros cráneos xurídicos de xusticia, auténtica xusticia revolucionaria, agora que acaba de renacer como firme xuiz de tendencias avanzadas, progresistas, socialistas incluso, chegando no caso de ser necesario e previo pago ao bolchevismo máis extremo. Todo elo ante o desencanto, os lamentos e o llanto desenfrenado do hooliganismo patrio, ese mesmo que durante todos estes anos se deixou embaucar polos cantos de serea dun encantador de serpientes de intelixencia, talento e facilidade de palabra máis que limitados. ¿Que enxeñeiro de almas pastoreará de agora en diante o rebaño da extrema dereita camariñana?

O caso é que, polo que parece, aquelo que predixera en distintas ocasións Camarinas.eu terminou por cumprirse e as desventuras navieras do asaltador de negocios particulares acabaron por arrastrar polo barranco a toda a agrupación local do seu partido, ex secretarios incluidos, e así por Camariñas estes días pódese ver unha fúnebre procesión de difuntos, mortos vivientes, auténticos zombies políticos, que deambulan polas rúas á espera do inevitable golpe de gracia mentras expelen o característico hedor nauseabundo do cadáver político en descomposición. Ante este estado de cousas, o noso célebre xurisconsulto, home de creencias ideolóxicas arraigadas, de firmes e inamovibles principios éticos e políticos, por aquelo de seguir vivindo sen traballar, que así se vive mellor, decidío abandonar a Asociación Profesional de la Magistratura (de tendencias conservadoras) para ingresar na Unión Progresista de Jueces y Fiscales, decisión coherente nun xurista que nos sumarios por el instruidos soe acaparar os papeis de denunciante, parte, testigo, fiscal, xuiz e verdugo, todo nun só ente de características bi (tri) polares e así nun xesto que só cabe definir como heroico acaba de poñer á venta o estercoleiro cibernético habitual en pública subasta ao mellor postor: admítense todo tipo de ofertas, socialistas (a poder ser), bloqueras ou independientes, as daquel frustrado proxecto con vistas ás derradeiras municipais ("e ahora ¡¡a faser cartos!!", constructor dixit) en espera nestes días incertos dunha nova oportunidade.

E así, posto punto e final a época máis vergonzosa e ignominiosa en toda a historia política do Concello de Camariñas, a partires deste histórico xoves 10 de maio do Ano do Noso Señor de 2012, con tan só cruzar a rúa, apenas unhas ducias de pasos de andares paquidérmicos, o máis grande maxistrado que viron os séculos poderá administrar a súa insobornable, incorruptible, xustiza expulsando mediante procesos sumarios a todo aquel que se lle poña por diante nunha cruzada revolucionaria que promete deixar a Camariñas de aquí a uns anos con apenas unhas ducias de veciños.

Engadir un comentario