1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Ana García, a fotógrafa da traxedia do Prestige por excelenciaImos apurando aquí en Camarinas.eu o remanente gráfico da máis completa cobertura endexamáis realizada dunha Mostra do Encaixe e pasamos a publicar unha noticia sobre o altruismo, acerca dunha colaboración desinteresada. O que nestas oscuras épocas de políticos de dereitas que okupan ilegalmente clubs náuticos impedindo o acceso ás súas instalacións a máis de 200 socios, tan só por egoísmo persoal, para que poidan preparar pratos da máis indixesta bazofia como cociñeiros de ocasión, na que pufistas (puferos, que din nas Rías Baixas) da peor especie deixan sen pagar o seu merecido xornal a centos de traballadores para despois dar públicamente leccións de economía avanzada, non deixa certamente de ter o seu mérito.

Este foi o caso da fotógrafa Ana García, unha carballesa que expuxo gratuitamente unha amplia e soberbia colección de fotografías da Catástrofe do Prestige na Mostra do Encaixe do 2012 nun stand propio para deste xeito conmemorar o 10º aniversario do afundimento do buque frente as costas de Camariñas (así, frente as costas de Camariñas). Asemesmo colaborou Ana xunto a outros profesionais da fotografía (o director de Camarinas.eu entre eles) no deseño do cartel do evento encaixeiro de maior relevancia a nivel mundial. Pero ademáis debe suliñarse que ao falar de Ana García estamos ante unha das máis grandes referencias gráficas da cobertura da Traxedia do Prestige, cuias imaxes expuso gratuitamente ante os miles de visitantes que inundaron a Mostra do Encaixe un ano máis, polo que cómpre renderlle dende esta humilde web un merecido homenaxe pola súa colaboración desinteresada. Así pois nestas tristes épocas de okupanáuticos porfesionais, asaltadores de negocios particulares e pufistas (puferos, que din nas Rías Baixas) da peor especie, non deixa de seguir habendo persoas boas, altruistas. Gracias Ana, por non deixarte abducir polo lado oscuro da forza.

{phocagallery view=category|categoryid=861|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario