1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Atlántico volve a abrir as súas portas este venres 23 de marzo

Apertura este venres 30 de marzo a partires das 8 da tarde

Coa chegada da primavera parece que se volven a instaurar os ánimos empresariais na Vila das Palilleiras e comezan a florecer timidamente algúns negocios de nova apertura así como outros establecementos que retornan polos seus vellos fueros. É este o caso ao que adicamos esta noticia na que procedemos a publicar o anuncio da próxima reapertura da DISCO-PUB Atlántico que este venres 30 de marzo volverá a abrir as súas portas a partir das oito da noite e na que se volverá a vivir un dos mellores ambientes nocturnos de Camariñas. Unha ambiente que esperemos recobre as súas antigas forzas e que volva a recuperar ese ritmo frenético que estivo un pouco de capa caida estes últimos anos. En fin, os máis festeiros terán unha cita ineludible este venres 30 de marzo na nova reapertura da Disco Pub Atlántico no que se agasallará ademáis a tódolos seus clientes con unha segunda consumición totalmente de balde.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.