1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imaxe do lamentable estado no que quedou o firme da Rúa Pinzón Andan bastante indignados os veciños da otrora emblemática agora tan vida a menos Rúa Pinzón de Camariñas tralas recentes obras para a instalación dunha tapa de alcantarillado, actuación acometida polo Servizo Municipal de Vías e Obras. Porque non deixou de sorprender aos residentes que habituados ao tradicional bo facer dos profesionais da PMO (Patrulla Municipal de Obras) desta volta diante do número 7 da mencionada rúa perpetraran unha deplorable e indignante chapuza que deixou o firme da rúa nun estado lamentable, cun socavón de considerables proporcións que non só arruina por completo a estética dunha vía xa bastante deteriorada de por sí senón que constitúe un importante obstáculo para o tráfico rodado e para a conservación dos automóviles que se ven obrigados a circular diariamente pola zona. O caso é que tras instalar a mencionada tapa de saneamento e dar unha capa de cemento deixouse para cubrila un táboa ao bo tuntún e claro, o primeiro vehículo que por alí pasou deixou unha pegada para a eternidade, ademáis si ao anterior sumamos unhas cantas paladas de area, pois xa temos a chapuza montada. E por elo que os veciños, víctimas involuntarias dun triste error dos habitualmente competentes operarios da PMO, confían en que o Concello en breve proceda a reparar a desfeita provocada polos seus propios obreros e devolva a rúa a un estado adecuado de ornato público e calidade circulatoria. En outro caso prometen dar guerra.

Comentarios   

MADRILEÑO
+1 # RE: Desfeita obrera na Rúa PinzónMADRILEÑO 04/03/2012 17:13
Istas son as novas que todos queremos ver, novas que sirvan pra mellora da nosa vila e non enfrontamentos cada vez máis vergonzantes por culpa da política, bravo Diego a ver se che veñen a apaludir do mesmo modo aqueles que te despelexamos cando o fas menos ben...
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
-1 # Mamma mía!diegoalfr 10/03/2012 16:19
Ohh lala!! Mamma Mía!! Non vira eu antes este comentario!! Vamos a ver, as noticias que se meten en Camarinas.eu non son as que queira ver nadie. Son as que hai. En segundo lugar eu non estón afiliado (nin moito menos son secretario ou presidente) de ningún partido político para dar unha opinión interesada sobre ningún tema. Madrileño, ¿cantas noticias hai nas que vexas intencionalidad e política de Camarinas.eu?
Responder | Denunciar ante o administrador