1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha ruta cunha beleza de ensono na Ponte do PortoNon hai moito tempo nunha das clásicas reportaxes co selo de calidade típido da web líder da Costa da Morte, camarinas.eu facíase eco dunha ruta olvidada dentro da paisaxe patrimonialística do noso Concello: a Ruta dos Muiños de Auga de Camariñas, aqueles seis muiños no Camiño da Rega, dende o Cotariño ata Area da Vila, aos que varias xeracións de habitantes da Vila das Palilleiras acudiron a moer o millo que lles daría de comer. Agora fruto da colabpración desinteresada dun usuario da nosa web, rescatamos outra xoia que non desmerece á anterior e que, paralela a unha canle fluvial, o Río Grande, permite contemplar algunhas das paisaxes máis fermosas da nosa terra: a Ruta dos Muiños da Ponte do Porto. Alí, entre árbores de folla caduca, típicos das paisaxes galegas, no medio dunha vexetación frondosa, entre musgos e fieitas, desperdigados ao carón do río que lles insuflou a vida un conxunto de muiños de auga dan nome a unha ruta de ensono, ideal para acometer cando as cores ocres se adueñan da paisaxe. Ideal para percorrer nun día de duro inverno.

{phocagallery view=category|categoryid=825|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario