1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A alfombra natural e os graderíos cos que tantos anos soñaron os porteñosO anhelo tan longamente ansiado por toda unha vila, o desexado acariciado durante tantos anos, xa é unha realidade: a Ponte do Porto conta cun flamante e espectacular campo de fútbol. Unha realidade fruto da colaboración administrativa (financiación conxunta entre a Deputación Provincial de Salvador Fernández Moreda e o Concello de Camariñas) e da colaboración desinteresada dos veciños: uns cedendo gratuitamente terreos e outros talando voluntariamente as árbores que impedirían que o sol bañara a alfombra natural máis flamante de toda a Costa da Morte. Deste xeito, un histórico do fútbol galego, o Porteño, conta cun estadio á altura da súa lenda, os rapaces da vila do Río Grande cun recinto de impresión para desenvolver as súas actividades deportivas e o Concello con dous campos de fútbol modernos e impecables, perfectamente compatibles (un de herba artificial e outro de céspede natural). Por elo esperemos que a inauguración oficial do mítico pero a partires de agora xa non destartalado Estadio Municipal de A Grixa esté á altura do recinto, que se dispute un encontro en consoancia ca importancia do evento e, sobre todo, que este vaia precedido da debida homenaxe aos héroes que cubriron de gloria a vila porteña un día lonxano de 1971.

{phocagallery view=category|categoryid=826|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario