1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Diego Alonso e Susana Ríos ca fermosísima Paula Garrote

Tal e como publicou esta semana La Voz de Galicia, o xornal galego por excelencia, en colaboración habitual con Camarinas.eu como único referente da actualidade e do xornalismo serio e veraz do noso concello, en datas recentes tivo lugar un encontro entre profesionais da fotografía para realizar unha pequena sesión á impresionante rapaza camariñana (Distrito de Buría) Paula Garrote, a cal viña de triunfar plenamente no desfile de modelos da 4ª Festa da Palilleira. Os fotógrafos en cuestión eran o director (en funcións) de camarinas.eu, Diego Alonso Freire, e Susana Ríos, unha das máis importantes promesas da fotografía en Galicia. A razón de fondo do encontro ven motivada pola confianza e amistade que cada vez profesan en maior número os xóvenes fotógrafos galegos que habitualmente coinciden en conferencias e cursos para profesionais do sector como o Foro Internacional de Fotógrafos no cal se coñeceron estes grandes compañeiros. Esta quedada non é senón o principio doutros encontros que atraerán cara as nosas paisaxes as maiores promesas da fotografía na nosa comunidade das cales daremos boa conta na web líder da Costa Atlántica. E se é para inmortalizar ademáis a beleza típica clásica das mulleres de Camariñas, mellor.

Comentarios   

kinos
0 # RE: Encontro entre fotógrafos profesionaiskinos 11/02/2012 14:12
Unha boa iniciativa :)
Responder | Denunciar ante o administrador