1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

David Gómez, un radioaficcionado Campeón de España

Se por un lado nestes días estamos a vivir en Camariñas algunhas das actitudes máis vergonzosas e flagrantemente violadoras da Lei  de toda a nosa historia protagonizadas por un político habitual perdedor de eleccións, cada vez máis sólo, cada vez máis abandonado, cada vez máis desquiciado na súa viaxe final, por outro un puñado de xóvenes (xente sana, cunha adecuada formación e disposta a comerse o mundo), maiormente provintes da parroquia da Ponte do Porto están a cubrir de gloria estas terras. O último en subirse ao interminable carro de triunfos municipal é o porteño David Gómez, gañador dun concurso de radioaficcionado a nivel nacional. Ao frente do equipo de cinco compoñentes ED1T (léase Eco Delta Un Tango), nome asignado dende o ano 2009 pola Dirección Xeral de Comunicacións, David obtivo xa no 2010 o 3º posto de España no Campeonato Mundial CQ WW WPX SSB ca friolera de 2.561.592 puntos e agora no recén extinto 2011 batindo tódalas marcas (2.795.276 puntos) acadou o primer posto a nivel nacional. No referido campeonato participaban máis de 180 radioaestacións hispanas fronte as cales debío competir o equipo de David durante 48 horas ininterrumpidas e resultou campeón ao lograr contactar co máximo número posible de radioaficcionados extranxeiros.

O desglose de terras e países contactados polo novo héroe porteño fan voar a imaxinación ata lugares inalcanzables, de ensono, propios dos contos das Mil e Unha Noites: Serbia & Montenegro, Gales, Xapón, Letonia, China, Moldavia, Kazakhstan, Macedonia, Kaliningrado, Emiratos Árabes, Isla Aland, o Dodecaneso, Malasia,Tajikistan, Israel, Mongolia, Xordania, Guam, Isla Desecheo, Islas Virginia, Aruba, Azerbaijan, Vietnam, Sahara, Barbados, Sudán, Brunei, Anguilla, Iraq... A chamada ca que contactaron con semellante atlas mundial era CQ CONTEST  CQ CONTEST  ED1T  ED1T  CONTEST (léase en inglés "sequiú contest sequiú contest eco delta uan tango eco delta uan tango  contest"), unha frase que puideron chegar a repetir unhas 5.000 veces nas 48 horas que durou o campeonato. En fin, que por ter, aquí no Concello de Camariñas hasta acabamos por ter un campeón nacional radioaficcionado sen descartar que para o fututo David chegue a contactar con alguén en Marte ou, moito máis probable, no famoso Planeta Ganímedes. ¡¡Felicidades Campeón!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.