1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O novo Estadio Municipal da Grixa vai collendo forma

Continúan a bo ritmo as obras no Campo de Fútbol da Grixa, unha das últimas probas da estima e compromiso cara Camariñas que caracterizaron a singladura política de Salvador Fernández Moreda na Presidencia da Deputación Provincial da Coruña. Obras que está a  executar a empresa camariñana Construcciones Perucho, empresa con experiencia nestas lides dos campos de fútbol, xa que non en vano executou no 2011 a obra do Peche Perimetral do Estadio Hermanas Patiño. Recén comenzaba o ano novo, o principal responsable da empresa adxudicataria e o Alcalde de Camariñas, dous vellos coñecidos no mundillo do fútbol da costa, visitaban o antigamente destartalado recinto porteño para comprobar o estado das obras . E así, viron como se estaban construindo as bases das gradas que serán cubertas tal e como se levaron a cabo as do Campo de Camariñas. Asemesmo, unha vez que pasen estas duras xiadas invernais meterase a terra para despois sementar o céspede natural xa que o regadío e a drenaxe están realizados. Por último e atendendo á expresa petición da Xunta Directiva do Porteño, o bar irá nas gradas para desta meneira facer máis amenos os partidos e aforrarlle aos asiduos do histórico conxunto da Ponte do Porto unha boa viaxe.

{phocagallery view=category|categoryid=807|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario