5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

A obras no mítico Campo de A Grixa, seguen a bo ritmo

Desgraciadamente, moito vai botar de menos o Concello de Camariñas ao ex-Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda. Adeus ás subvencións que permitían facer unha obra de certa envergadura ao ano (Praza do Mercado, Beirarrúas no Outeiro da Ponte do Porto, o futuro Tanatorio Municipal, etc...), adeus á axuda de 120.000 euros que permitío durante máis de 20 anos a celebración desa data crucial para a economía das boas xentes do noso concello que é a Mostra do Encaixe. O novo presidente deputacional Diego Calvo, supoñemos que asesorado polo seu novo persoal de confianza, xa rebaixou á axuda que financiaba o maior certame encaixeiro mundial á metade (eso este ano, o que ven será a metade da metade, por aquelo de amortiguar o impacto político), e respecto ás obras, supoñemos que os únicos beneficiados serán certas empresas de construcción que executarán as súas obras... noutros concellos, eso si, sempre do partido do novo presidente. Todo a dedo.

Gracias a un home que durante a súa Presidencia sempre tivo a Camariñas en mente, estanse a executar as obras de remodelación do mítico pero ata o de agora bastante destartalado Estado Municipal de A Grixa, na Ponte do Porto. Obras orzamentadas en preto de 175.000 euros, dos que 150.000 proceden das arcas provinciais, foron adxudicadas recentemente polo noso Concello e suporán a construcción dun novo peche perimetral así como a instalación dun flamante céspede de herba natural, que nembargantes deberá esixir un delicado e constante cuidado para que non se repitan en terra porteña tristes experiencias pasadas no Estadio Hermanas Patiño. Sí, botarase muito de menos a Salvador Fernández Moreda por estas terras, senón xa veremos cantas obras financiadas pola nova Deputación (Plan de Obras e Servizos aparte) se executan en Camariñas nos vindeiros catro anos: menos que cero.

{phocagallery view=category|categoryid=799|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario