1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os ovos xigantes de Camariñas, outro auténtico EXPEDIENTE X analizado por Camarinas.eu

Corría o ano 1925 cando nun país que daba os seus primeiros pasos nun clima impregnado polo burocratismo, o totalitarismo e a estupidez macabra científicos eminentes idearon a fórmula para acadar ovos xigantes. Desta maneira o goberno pretendía combatir a peste avícola que asolaba as granxas daquela inmensa, inabarcable e monstruosa nación. Unha fatal confusión fixo que o milagroso raio laser acabara incubando ovos de reptil en vez de galiñas, feito que determinou que monstruos de tamaño descomunal sembraran o pánico por todo o país e fixera necesaria a intervención do mesmísimo exército. O país era a Unión Soviética, o escritor era Mijaíl Bulgákov e a novela de ciencia ficción "Los Huevos Fatales".

Descoñecemos si xestados en laboratorios ultrasecretos, supervisada a súa producción por sabios científicos da Alemania do Leste e cremos que portadores únicamente de semilla avícola, o certo é que procedentes nun primeiro momento dun pequeno cortello da Carretera do Faro e despois de Buría e Area da Vila unha praga de ovos xigantes está a invadir Camariñas. Dun tamaño descomunal en comparación co clásico oviño corrente ata o punto de que un puño pechado non basta para abarcar toda a súa ovoide magnitude, esta nova proba da fertilidade deste concello deixado da man de Deus non deixa de sorprender e un pregúntase se a semellanza do ocurrido na novela satírica do mestre ruso unha praga de galiñas xigantes, monstruosas, Godzillas con pico e pluma, sembrará o caos polo concello adiante. Os nosos políticos, sempre previsores ante calquer mal que ameaze o benestar dos seus amados votantes, ¿aceleraron a recente constitución da Xunta Local de Seguridade para facer frente ao desafío letal, mortal de necesidade, que se aveciña?


Engadir un comentario


Tamén che pode interesar...