1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A recentemente ampliada Patrulla Municipal de Obras do Concello de Camariñas está a levar a cabo estes días unha serie de melloras nos camiños e xardíns municipais que tanta falta tiñan dun acicalado. Hai xa unhas semanas  que pudemos comprobar como as árbores dos aledaños da nosa Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas eran podados para mellorar a súa apariencia. Os membros da PMO aproveitaban estas datas outonales onde estas grandiosas prantas quedan sen unha sóa folla para acometer a súa poda e darlle un lavado de cara total á nosa igrexa pero tamén pensando, seguramente, nas próximas festas de San Xurxo. Vaia esta noticia como pequena homenaxe a estes nosos chavales que se encargan de facer os traballos máis escuros pero tan necesarios para ter un pobo máis limpo e presentable. Noraboa chavales!

{phocagallery view=category|categoryid=789|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.