4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (2 Votes)
En poucas semanas o concello empezará a adquirir as fincas para que o Estado comence a construir o paseo marítimo que enlazará a Carnicería con Cedeira e completar así o paseo xa existente da Area da Vila co casco urbán. Tamén están próximas a licitarse as obras de remodelación da praia do Campo e a Dársena que, según os cálculos da conselleira de Obras Públicas, estarán rematadas antes de que acabe o próximo ano.

Fai menos dunha semana visitou Camariñas o responsable da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e técnicos do Ministerio de Medio Ambiente para pechar definitivamente os proxectos de paseo marítimo para Arou e Ponte do Porto. Ámbolos dous figurarán no orzamento do Estado do próximo ano.   Tamén figurarán nos orzamentos da Xunta do próximo ano a terceira fase da fachada marítima de Camariñas e a estación depuradora de augas residuais de Ponte do Porto.

O concello de Camariñas verá o próximo ano unha auténtica marea de inversións do Estado e da Xunta de Galicia.

Ámbalas dúas obras foron comprometidas pola conselleira de Obras Públicas na súa última visita a Camariñas e polo conselleiro de Medio Ambiente fai unha semana na Festa dos Cabalos de Reira ó alcalde Manuel V. Alonso de León.  A esto hai que engadir a prolongación do dique de abrigo de Camelle, o novo obradoiro de emprego, o novo porto deportivo con preto de trescentos amarres... Como podedes ver parece ser que os tempos son chegados. Dende esta páxina que empeza a andar seguiremos puntualmente a evolución destes e doutros proxectos para o noso concello.

Engadir un comentario