1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas adquiríu recentemente un flamante camión guindastreA segunda noticia da que vos falábamos onte e que ven a completar a vaga de novas que a cámara desta web capturou sen previo aviso no transcurso de tan só tres minutos trata sobre a entrega por parte da empresa concesionaria ao concello dun novo camionciño guindastre de apoio loxístico principalmente para a sufrida PMO (Patrulla Municipal de Obras). Eran aproximadamente as tres e media da tarde cando o Alcalde Pichurri, aínda en horas de traballo, recibía o flamante camión na Praza do Concello mentras Manolo "O Lonjeiro" era aleccionado sobre o uso da grúa-guindastre que este vehículo trae incorporado. Unha gran compra, sin dúbida, que redundadará no bo mantemento de rúas, parques e montes e que tamén suporá un complemento excelente para axudar ao tractor-desbrozador que adquiríu o Concello de Camariñas hai uns meses. En fin, todo o que sexa mellorar tanto as condicións de traballo dos obreiros como traer novas ferramentas para que o mantemento do noso concello sexa máis óptimo e rápido sempre será vista con bos ollos por esta redacción e tamén debería de selo para o resto de cidadáns. Noraboa aos que o fixeron posible.

Engadir un comentario