1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A ruta de sendeirismo percorrerá un dos paraxes máis impoñentes de Galicia: A Costa de Camariñas

Como dicíamos na súa crónica semanal temos a un Juanillo dentro do concello que non para. E de todo o que se lle vai ocorrendo para mellorar ou endulzar dentro do que cabe a vida dos nosos veciños van saíndo cousas verdadeiramente interesantes. Esta que nos mostra Juan Cabrejo "Juanillo" hoxe en exclusiva para Camarinas.eu trata sobre a consecución da 1ª Ruta de Sendeirismo do Concello de Camariñas na que pode participar todo persoa que queira, inscribíndose previamente, eso si. Pero millor que volo explique Juan Cabrejo: todo un crack e un triunfador no mundo do fútbol e, agora tamén, un excelente Concelleiro para Camariñas. Vamos a andar, que boa falta nos fai.

1ª RUTA DE SENDEIRISMO CONCELLO DE CAMARIÑAS

Dende o Concello de Camariñas e máis concretamente dende a Concellería de Educación, Cultura e Deporte, queremos comunicarlles que o vindeiro Domingo 4 de decembro, terá lugar a I RUTA DE SENDEIRISMO que organiza o CONCELLO DE CAMARIÑAS.

A ruta terá unha lonxitude de 10 kilómetros. Sairá dende o paseo marítimo e percorrerá as calles de Camariñas dirección a pista de Mourín para chegar ata a Pedrosa onde teremos o primeiro punto de avituallamento (bebida, froita, barriñas enerxéticas...). Continuará pola senda costeira dirección ao Faro de Cabo Vilán para coller a ruta en dirección a Virxen do Monte, unha vez alí, continuará a camiñata ata chegar a praia de Lago onde estará ubicado o segundo punto de avituallamento. Despois de repoñer forzas, seguirase en dirección ao Castelo do Soberano para finalmente chegar ao destino final que será o mesmo punto de donde partiu a ruta, o Paseo Marítimo de Camariñas.

Son 10 kilómetros dunha ruta pola senda costeira Camariñana que conta con unhas das mellores vistas de todo o territorio Galego.

Para participar, só hai que ter gañas de camiñar e inscribirse no Concello de Camariñas (departamento de deportes) ou ben chamando aos teléfonos 981 736 000 e 669 841 698. O prazo de inscrición remata o venres 25 de novembro.

A ruta é asequible para os nen@s que queiran participar, dende a Federación Galega de Montañismo e Sendeirismo, dinnos que un rapaz ou unha rapaza de 7 anos, pode facer a ruta sen problemas, eso si, sempre que participe con él/ela, o pai/nai ou persoa maior de idade responsable do nen@.

Dende a Concellería de Educación, Cultura e Deporte, queremos animar a tódalas persoas do Concello e de fora del, a participar nesta I Ruta de Sendeirismo que organiza o Concello de Camariñas. Tamén aproveitamos para dárllelas grazas a 2 empresas colaboradoras nesta xornada de Sendeirismo como son Supermercados Gadis e Coca Cola.

Un saúdo.
Juan Cabrejo Pasantes. Concelleiro de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Camariñas.

Comentarios   

diegoalfr
0 # Sendeirismo pola Costa de Camariñasdiegoalfr 10/11/2011 09:12
Bueno, pois haberá que animarse a facer esta ruta que boa falta me fai. Xa que vamos pois faremos un bo reportaxe de fotos. A animarse todos!!
Responder | Denunciar ante o administrador