1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Instalación da cisterna central da EDAR de Brañas Verdes

Volve Camarinas.eu a un dos seus pasatempos máis entrañables: o de revisar as obras que se realizan por tódolos recunchos do concello. E desta vez pasámonos uns minutos pola flamante Depuradora de Augas Residuais de Brañas Verdes (de aquí en diante EDAR-BR para abreviar e darlle un toque máis técnico ao asunto) onde os operarios da empresa adxudicataria daban os últimos retoques para a instalación dunha arqueta de desbaste, un separador de graxas e o reactor biolóxico que serán soterrados sendo só visible unha arqueta de toma de mostras. Unha EDAR que depurará tódalas augas fecais dun dos lugares máis elevados xograficamente falando do Concello de Camariñas e que, se non surxe ningún imprevisto (que lamentablemente sempre salta algunha lebre) comezará a funcionar en poucos días. Cabe destacar da EDAR-BR varias cousas entre as cales que se trata xa esta EDAR da cuarta depuradora que se constrúe no concello, sendo financiada en toda a súa totalidade pola defunta Deputación da Coruña de Fernández Moreda (canto se lle botará de menos a este home en Camariñas, tempo ao tempo), e que debería de ser a antesala da próxima obra que debería acometer a Conserllería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia: o saneamento de Xaviña. O único territorio habitado do concello que carece desta característica fundamental. E aínda que xa estuvera proxectado e presupostado polo goberno de Pérez Touriño todo foi chegar o novo goberno e tirar polo chan a ilusión de centos de xaviñáns. Así é a política, dirían algúns. Bueno, nos dende aquí non dicimos que sexa dunha forma ou doutra pero sí que estaremos ao pé do cañón para defender a igualdade de Xaviña para equipararse ao resto de territorios do concello que xa posúen o seu necesario saneamento. Tan só se ten que poñer un pouquiño de gañas dende a consellería e aprobar eses caseque 3 milloncejos de euros que, total, para o que representan no seu presuposto... pero si que representarían un salto cualitativo na calidade de vida dos veciños e veciñas da única zona habitada do Concello de Camariñas que non está saneada: Xaviña.

{phocagallery view=category|categoryid=769|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario