- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Novembro 2007 21 Novembro 2007
No día do Carmen de algún ano alá polos 70 ten a súa orixe esta foto. Nela podemos ver a uns cantos rapaces camariñáns que estaban de soldados de reemprazo asistindo á procesión marítima da festa do Carmen de Camariñas. Entre eles estaba Luis Canosa máis coñecido como Luis do Pulpo ao cal lle adicamos esta foto xa que hoxe celebra o seu cumpreanos.
Non hai moitos anos que en España existía o servizo militar obrigatorio co que os rapaces ao cumprir os 18 anos e despois de quintarse un par de anos antes tiñan o deber de servir á Patria con 9 meses de servizo militar obrigatorio. Os rapaces mariñeiros que tiñan que cumprir con esta obrigación estaban destinados case todos para o Arsenal de Ferrol donde facían a instrucción militar, despois o seguinte destino podía estar en calqueira dos portos militares españois ou mesmo en Ferrol.
Cando chegaba o día do Carmen algúns destes xoves mariñeiros camariñáns que estaban en Ferrol vestíanse de bonito e desprazábanse a Camariñas, a súa terra, para levar á nosa Virxen do Carmen en procesión por todo o pobo e ría de Camariñas. Esto xa non é así debido a que o servizo militar obrigatorio suprimeuse por un exército totalmente profesionalizado. Os rapaces de camariñas xa non esperan a vestirse de "Bonito" no seu día grande.
Comentarios
Mediados de los 80…
Soldadito Marinero …
De cirrosis y sobredosis de Sabina,
De la Salve Marinera del Arsenal.
De azules petos de gala y negros tafetanes.
De la victoria en Lepanto y la muerte en Trafalgar.
De las juras de bandera,
De las cartas de la novia,
De bocatas de tortilla,
De permisos y francos de ría,
De guardias de cocina y centinela
De garitas con vistas al mar
De esperar las colas de la Caja Postal.
FELICIDADES LUIS.
Fdo. Bufardo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.