1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os empresarios de Camariñas poderán dispor de parte das instalacións do Faro Vilán

A Autoridade Portuaria da Coruña e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas asinaron hoxe un convenio polo que se autoriza a esta entidade a utilizar tres locais situados na planta baixa do Faro de Cabo Vilán, co obxectivo de potenciar o atractivo turístico e cultural do faro e do seu contorno. O convenio foi asinado na sede da Autoridade Portuaria, na Coruña, polo presidente deste organismo, Enrique Losada Rodríguez, e pola presidenta da asociación empresarial, Olga Campos Sánchez.

En virtude do acordo, esta asociación poderá utilizar o tres dependencias, que suman un total de 202 metros cadrados, para realizar accións encamiñadas a incrementar "a promoción cultural, social, ambiental e turística do Faro de Cabo Vilán e do seu entorno, pola súa transcendencia arquitectónica, histórica e sociocultural, representativa da zona da Costa da Morte, informou a Autoridade Portuaria nun comunicado.

O colectivo empresarial acondicionará os locais e, de acordo co previsto, realizará nos mesmos exposicións e mostras culturais vinculadas á natureza e os valores culturais de Camariñas e, en xeral, da Costa da Morte.

Así mesmo, ofrecerá aos turistas outros servizos complementarios que incrementen o atractivo do faro. A Asociación de Empresarios prevé ademais habilitar un aparcadoiro na estrada de acceso ao faro.

Engadir un comentario