Juanillo, o responsable de que a Copa do Mundo estivera en Camariñas

Éxito rotundo na xornada en que a Copa do Mundo recalou en Camariñas. Máis de 2000 persoas puderon contemplar e tocar o maior trofeo acadado polo fútbol español en toda a súa historia. Unha marea de xente entre a que se encontraban turistas, veciños de gran parte dos pobos colindantes además de gran cantidade de concidadáns de tódalas parroquias do noso concello déronse cita este pasado 3 de agosto de 2011 na Casa de Pedra para desfrutar uns instantes da nosa Gran Copa. Entre todos os asistentes pudemos ver a moitos usuarios de Camairnas.eu, algunhas lendas viventes do fútbol da costa pero os que estaban especialmente contentos e alegres eran os rapaces das actividades que organiza o concello e que se acercaron en grupos ata a Casa de Pedra para desfrutar da Copa do Mundo. Además, o gran ex-xogador do Real Madrid e da Salección Española Manolo Sanchís acercouse dende as instalacións do CNC donde facía escala o seu iate para contemplar a Copa e sacarse unhas fotos amablemente cos fervorosos afeccioados que se atopaban nas inmediacións da Casa de Pedra.

E todo elo gracias a iniciativa do noso Redactor Xefe de Deportes e Concelleiro Juan Cabrejo "Juanillo" en estreita colaboración co Alcalde Pichurri e coa inprescindible axuda do Presidente da Federación Galega de Fútbol e Alcalde de Cerceda José García Liñares. Para o pobo de Camariñas este mércores 3 de agosto foi un día de festa no que se podían ver as terrazas dos bares cheas de siareiros con camisetas da nosa selección e gran parte dos medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Desde Camarinas.eu queremos agradecer sinceiramente aos promotores da iniciativa. Moitas gracias.

{phocagallery view=category|categoryid=724|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario