1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Copa do Mundo virá a Camariñas da man do mellor xogador da historia da Costa da Morte: Juanillo. Hai políticos que están por enriba do que están chamados a ser. Hai políticos que, aínda chamados así, ennobrecen o ingrato facer de traballar polos demáis. Hai políticos, en definitiva, que por moito que algún trate de distorsionar a súa labor non volven a vista a estes elementos e siguen tratando de traballar polos seus cidadáns, aínda que sexa con pequenas cousas que pouco inflúan na nosa vida pero que nos enchen de orgullo e satisfacción. Este, queridos amigos, é o caso que nos atañe: O noso querido redactor e amigo Juan Cabrejo "Juanillo" recente concellal adicado ao deporte e a cultura no Concello de Camariñas en estreita colaboración co noso Alcalde e tamén amigo Pichurri veñen de conseguir para o noso pobo que a Copa do Mundo recentemente gañada polos héroes españois de suráfrica recale por un día enteiro na nosa vila. O vindeiro mércores 3 de agosto deste ano en curso o maior trofeo ao que un futbolista pode aspirar neste planeta, a Copa do Mundo estará exposta na Casa de Pedra de Camariñas dende as 11 da mañá ata ás 8 da noite para ser contemplada polos siareiros Camariñáns e, por extensión, de toda a Costa da Morte. A gran copa estará custudiada nunha vitrina por varios escoltas da FEF e pola Agupación Local de Protección Civil. A Copa do Mundo estará en Camariñas gracias a dous dos máis grandes futbolistas do noso concello Juanillo e Pichurri. Alí estaremos ese día todos os que vibramos coa nosa selección, orgullo da Patria Española, o día que os héroes de suráfrica gañaron o máis grande título para o noso pais.

Comentarios   

Mikel
0 # GenialMikel 25/07/2011 20:29
Estimado Primo:
Debo reconoser en público (ao mellor cando che vexa non me acordo), a velles non ten cura, que estás na túa salsa, siempre dixen que na cachola tiñas un serebro en forma de balón. O que ti non consiiiijas!!!, anque hai que reconoser que Pichurri tamén aportou futbolísticamen te e muito no Hermanas Patiño nos seus tempos. Fasia tempo que fasia falta un home con sabiduría e esperiensia no mundo do fútbol, estamos nesesitados. Evidentemente todos os deportes teñen o mesmo dereito (según masas) e conoséndoche como che conosemos lucharás por todo o que sea deporte, sin despresiar a ningún,COMO DEBE SER. Incluso a rejata de jamelas ou lanchas a remos, como vena mariñeira que levas de teu abuelo materno e túa nai. Esto que ides faser é mui importante, a copa do mundo en Camariñas (a auténtica ten que janala máis veses a selesión non?) pero é a replica real e hai que custodiala ben. Si fai falta faser juardia particular faise, aqui jrasias a Dios temos bos detectives (ainda que faltan os papeles jeje). En serio, chapó chabal, o que estará pensando esa cabesa siempre en torno aos deportes, iremos vela copa esa. Saludos Juanillo e noraboa.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: A Copa do Mundo en CamariñasBeldoña 25/07/2011 21:18
Noraboa, Juanillo, por poder ter nas tuas mans esa COPA DO MUNDO de FÚTBOL, que todo deportista querería ter.
Eres un afortunado, pois, no ano Xacobeo, coicidín na praza do Obradoiro coa presentación dese preciado trofeo,e,apenas uns pouquiños dos presentes, tiveron ese previlexio de poder tocala.
Noraboa, pois, campeón, e a seguir co que tango sabes e che gusta.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador