O novo e impresionante aspecto da nosa praia de LingundeNon se sabe ben por que razón, pero Lingunde sempre foi a gran olvidada dentro das praias do concello. Tal vez sexa a sombra xigante de Reira: insuperable e moi alargada, demasiado para unha sinxela praíña das de dentro da ría; tal vez sexa a desgana e indolencia típicas de Camariñas: mellor dar por perdido algo antes que loitar por el con gañas; tal vez fora a mala sorte, ¿quen ía a pensar que a obra do Muelle Novo arramblaría dunha tacada e para sempre ca súa area?; posiblemente, á fin e á postre sexa un problema de cartos, sempre escasos e con outros destinos. Pero o certo é que, debidamente arranxada e cas condicións mínimas de accesibilidade, estacionamento, limpeza e salubridade, a Praia de Lingunde debería ser un areal de primeiro nivel dentro das costas galegas: praia de carácter urbano, a dous pasos do centro da vila, ubicada nun entorno privilexiado cunhas vistas da ría en todo o seu esplendor, perfecto complemento aos días ventosos do nordeste que convirten a estadía en calqueira dos areais de Reira nun tormento,  dotada dunhas condicións xeográficas que lle otorgan un grado de abrigo perfecto frente a esas mesmas nordestadas despavoridas que fan que mentras o resto do concello é un furacán implacable, alí abaixo á delicada sombra dos pinos e sobre unha area fina e suave como granos de ouro, semelle lecer nun forno crematorio. Precisamente estes días, para tratar de poñer en valor o que cun mínimo grado de conservación e coidado sería unha das praias máis visitadas da Costa da Morte, estase a proceder ao enésimo recheo de Lingunde. Seguramente aguantará ata finais do verán en curso, Despois, Deus dirá.

{phocagallery view=category|categoryid=673|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario