1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A música de Snatch encadilou aos asistentes á Sardiñada do CNCConstitúe un fenómeno raro de ver, que se da con sorte catro ou cinco veces ao longo dun ano, pero este sábado houbemos de voltar a lembrar as palabras máxicas: "Como decía meu primo o Panadeiro alá no Arsenal de Ferrol: Manolo, estas son as noites de Camariñas". En efecto a deste pasado sábado 2 de xullo foi unha noite desas, de ceo limpo e estrelado, cun longo solpor anaranxado sobre os pinales do Monte do Campo, onde non se move unha palla e na que o corpo únicamente pide deixarse levar en calqueira das terrazas da vila ou dando un paseíño ata o Muelle Novo. Nunha noite así o tempo parece pararse e un da grazas de estar vivo e de estalo precisamente nun lugar como Camariñas.

Quixo a sorte asemesmo que a Sardiñada de San Xoán organoizada polo Club Náutico de Camariñas discurrise paseniñamente ao longo dunha noita das mencionadas. Unha sardiñada organizada por outra banda de modo inmellorable pola membro da Directiva Náutica Mariluz Campaña Blanco. A música do grupo do que o seu fillo Pablo Laranjo Campaña é baixista, Snatch, sen dúbidas contribuío decisivamente a elo: a base de cancións propias e versións de calidade, os asistentes á sardiñada puideron deixarse levar nun entorno privilexiado ata horas da madrugada degustando as sabrosas sardiñas da Costa da Morte cun insuperable fondo musical. Socios, acompañantes e turistas náuticos experimentaron desta maneira a maxia que envolve a unha "Noite de Camariñas".

{phocagallery view=category|categoryid=671|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario