- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Novembro 2007 14 Novembro 2007
O barco pesqueiro "Nuestra Madre Loreto" con base en Santa Pola (Alicante) e tripulación formada maioritariamente por camariñáns volveu, no día de onte, a demostrar a madeira da que está feita a xente mariñeira de Camariñas salvando dunha morte segura en alta mar a catro inmigrantes africanos. Esta proba de heroicidade súmase á que xa demostraron a mediados do mes de xuño cando, tras diversas peripecias, poideron desembarcar a 25 inmigrantes e un cadáver no porto de Trípoli (Libia).
Os irmáns Luis e José Manuel Sestayo, patróns do "Nuestra Madre Loreto" actualmente en labores de captura de gamba no mar Mediterráneo relataron que os catro inmigrantes africanos foron atopados a 90 millas da costa de Malta, tratándose de catro varóns de nacionalidade tunecina. O primeiro deles foi avistado ás dúas da mañán do martes 13 de novembro tratándose dun náufrago que xa levaba dúas horas no mar tras ser arroxado dende unha embarcación, e que polo tanto estaba abocado a unha morte segura. Unha vez feito o rescate, a tripulación da embarcación alicantina prosigueu ás súas labores pesqueiras e pouco despois, ás catro da madrugada, localizaron a outros tres homes que se agarraban desesperadamente a unha boia esperando que unha embarcación salvadora os rescatara da morte. Estes tres inmigrantes tamén procedían de Túnez. Unha vez feitos os dous salvamentos e convintemente atendidos e alimentados o barco dirixíose ao porto de Malta, facendo a súa entrada no mesmo ás 16:30 horas, feito este que constitúe un caso insólito dado que, como se sabe, as autoridades de Malta sempre se mostraron renuentes a deixar desembarcar nos seus portos a inmigrantes clandestinos. Deben ser que a humanidade e altruismo dos mariñeiros camariñáns fixeran que se avergoñaran de sí mesmos.

Pero, en fin, ¿que outra cousa podía facer un camariñán? No mar Mediterráneo xa están a coñecer de que madeira están feitos os duros mariñeiros desta franxa atlántica. Como mellor exemplo, as propias palabras de Luis e José Manuel Sestayo, patróns das embarcacións, cando, con motivo do anterior salvamento de 25 inmigrantes a mediados de xuño, e tras superar innumerables peripecias e obstáculos para lograr desembarcalos no porto de Trípoli, deron proba da súa humanidade ao ter coma máxima preocupación a de "que agora van a estar peor en Libia que nos últimos tres días con nós no barco, dame moita pena porque eran chavales moi educados. A miña maior ilusión era que foran desembarcados en España ou Italia".
Comentarios
A verdade e que sodes uns héroes,estó que fixechedes é un orgullo e máis, se cabe, cando no medio está a miña familia.
Gustoume moito ver a meu tio Luis,Nel e Moncho.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.