1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Gisela levouse un trofeo do Concurso de Equitación de CerquedaDecíamos que os resultados de todo o talento equino da Peña Cabalar do Pincho veríanse pouco a pouco co pasar do tempo e unha das probas máis palpables desta predicción cibernética tivémola en datas recentes co Concurso de Equitación desenvolvido en Cerqueda (Malpica). Alí a pequna Gisela, a amazona máis prometedora da Costa da Morte, a lomos do súa fermosa montura acadou un importante trofeo nunha demostración hípica que atraío visitantes provintes de tódolos recunchos desta Costa Atlántica dos nosos pecados. Desta maneira unha rapaciña á que precisamente nas páxinas de camarinas.eu vímola cáseque sacar os dentes montando sobre fantásticos cabalos de gran alzada da os primeiros pasos dunha carreira hípica que, polo que se ve, preséntase prometedora.

{phocagallery view=category|categoryid=653|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.