A grandeza e maxestuosidade únicas de ReiraCando un se atopa en praias de area fina e branca, entre os restos orgullosos das primeiras salgaduras que salpicaron o litoral galego, á vista dun poniente arquipieláxico de continxentes infinitos de bateas mexiloeiras, cando na lonxitude se acerta a atisbar o cume nebuloso do Monte da Curota, alí no reino da pedra granítica e, quen sabe, no máis parecido ao paraíso na terra que un poda imaxinar, con todo o anterior,  non se pode evitar lembrar cun ramalazo de saudade a unicidade maxestuosa dos areais de Reira. Acostumados a abraiarnos ca súa visión cando son chegadas as épocas de verán,  nada mellor que reflexar a sensación de soidade e abandono, de grandeza e infinitude, que embargan o espíritu ante a súa contemplación un nuboso día de primavera, con ceos branquiazuis reflexados en lisas pátinas de auga, lonxanos continxentes de auga ameazando a paz do visitante e viaxeiros do ceo alterando o sosiego e tranquilidade dalgún que outro canciño impertinente e ladrador. Un canciño que incluso sumido nunha vida regalada no máis parecido que existe ao paraíso na terra, non pode evitar lembrar cunha mezcla de agarimo e emoción os areais salvaxes da Reira da súa alma.

{phocagallery view=category|categoryid=650|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

MBCA
0 # RE: Primavera nas Praias de ReiraMBCA 29/05/2011 13:36
Que bonito paisaje,sen duda ningunha camariñas vale ouro!!!eoo canciñoo precioso tamen :) jeje !!!
Responder | Denunciar ante o administrador