1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os novos parques do concello xa son unha realidadeDespois de acometer a construcción dun parque para os cidadáns da terceira de idade o concello decidío virar os seus obxectivos cara outro colectivo máis próximo ao anterior do que sinalan as apariencias: os máis cativos. E así en datas cercanas ás derradeiras eleccións municipais executouse unha obra necesaria dado o lamentable estado de conservación da maioría dos parques do concello, orzamentada en preto de 80.000 euros e cuia financiación correspondía na súa maior parte á Deputación Provincial da Coruña. Correran rumores, non sabemos si espontáneos ou provocados, de que polo que concernía ao parque situado na agora tan vida a menos Praza Maior de Camariñas o seu piso sería de area. Si era area de caolín ou da praia de Lago, eso si que non o aclararon os responsables da propagación de tal rumor. Incluso ao mellor polo medio colábase tamén algún pandullo, quen sabe, e xa tíñamos un drama  mediático servido. Pero non, polo que parece o piso finalmente foi de caucho, cómodo e confortable, ideal para retozar os pequenos e os xa non tan pequenos.

{phocagallery view=category|categoryid=651|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Pion
0 # RE: Rehabilitación Parques InfantilesPion 26/05/2011 11:09
falta lle fasia a ese parque un bo labado de cara ahora haber o que dura tanto polo mantenimiento do ayuntamiento coma pola xente
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # RE: Rehabilitación Parques Infantileslucia018 26/05/2011 13:55
Quedou precioso o final puxeronlle dous columpios cando eu o vin non os tiñaaaa.. 8) aora ai que coidalo.
Denunciar ante o administrador
FRAGATA
0 # Parques infantísFRAGATA 27/05/2011 13:06
Falta facían as eleccións para que se fixera algo. Levamos reclamando polo arranxo do parque infantil da Ponte xa non me quero acordar e nin caso.
Agora tráennos o barco pirata porque non lles cabia en Camariñas e por enriba éstranos o chan de area de tal xeito que non podes estar ali porque che voa para a cara, os ollos e o que cadre, pero o peor non é iso o peor é como se poñen os cativos, tes que duchalos fóra no xardín.
A area para Camariñas non era boa cousa pero para a Ponte e Xaviña vai ben. Xa me gustaría ver os nosos gobernantes cos seus filliños nun parque destes, ó mellor dábanse conta de como hai que facer as cousas. Sen hai cartos ou non saben facelas cousas que se informen antes ou que as deixen sen facer, estaba mellor antes e o barco que lle fagan sitio en Camariñas que nós xa imos ó parque de vimianzo que aforramos tempo e traballos.
Hai que pensar coa cabeza.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.