1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As obras no espigón do Muelle Novo xa están en marchaPois aínda que cun pequeno retraso as obras de ampliación do peirao de Camariñas xa están marcha. A primeira fase do programa de actuacións 2010-2014 prometido polo Presidente de Portos de Galicia na Cofradía un 10 de abril de 2010 arrancou unhas semanas atrás cando todos aqueles que facían o seu imprescindible paseíño diario ata a punta do Muelle Novo (tocar a parede e media volta) viron cortadas en seco as súas aspiracións paseísticas ao interpoñerse no seu camiño unhas ordenadas vallas metálicas que anunciaban o pronto comenzo dunha obra que, si ao final é executada tal e como foi prometida, cambiará para sempre a face do porto camariñán e ampliará dun modo importante as súas prestacións. Orzamentada en máis de 3.000.000 de euros e financiada con fondos FEDER (o noso querido e incauto contribuinte alemán) a obra que aumentará a carga de atraque do Muelle Novo foi adxudicada a unha UTE (Unión Temporal de Empresas) formada polas constructoras SATO e OYS.

Primeiro foron dous impoñentes carteis, despois as casetas, logo a valla perimetral que acotaba o recinto e finalmente os pertrechos e os obreiros destinados a facer realidade a obra en si. E xa dende o primeiro día se puxeron a encofrar os bloques de formigón que extenderán lonxitudinalmente a carga de atraque existente ata o de agora. Polo tanto a primeira das sete fases que ata o 2014 deberían cambiar a Camariñas para sempre xa está en marcha. Polas restantes, pois haberá que esperar a ver o que pasa. En todo caso, estas ata o momento parecen ser unha realidade o cal non deixa de constituir unha boa noticia, por elo e confiando en que as futuras barandillas que se instalen unha vez rematadas as obras non volvan causar unha desgracia (tres semanas despois Ramón Antelo segue ingresado no Hospital Universitario da Coruña) despedimos a presente noticia dende o Muelle Novo camariñán.

{phocagallery view=category|categoryid=633|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario