1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As malas herbas do concello foron rasuradas ao longo desta semanaParece como si finalmente se cumprira en Buría o soño tan longamente acariciado pola extravagante persoaxe interpretada por Richard Harris no (fallido) film de Nikita Mijalkov "El Barbero de Siberia". Aquel aventureiro inglés chegado á Rusia finisecular dos zares, con toda a súa retahila de inestabilidade política, atentados terroristas, xenerais corruptos, aristocracia indolente e campesinado ignorante e brutalizado, para ver de vender aos capitalistas do xigante eslavo unha  monstruosa máquina taladora que segaría os bosques de Siberia cunha cadencia parsimoniosa e constante ("chop, chop, chop") semellante á do máis hixiénico daqueles barbeiros de antaño, de mandil blanco e bigotiño de guías cara arriba. Unha máquina que unha vez posta en acción o único que conseguío foi aterrorizar aos primitivos aboríxenes siberianos e aos penados que cumprían inclemente desterro na máis extrema das latitudes do planeta.

Ca chegada das primeiras calores o Concello de Camariñas lanzou ao longo desta semana unha ofensiva implacable en tódolos frentes para a limpeza e desbroce das cunetas dos camiños, situando á fronte da mesma ao novo acorazado municipal, o tractor con guindastre Kioti M39. Parapetados tras o mesmo avanzaban as tropas de infantería do Servizo Municipal de Vías e Obras, desbrozadora en man, axudando ao monstruo de aceiro nun afeitado apurado e suave das herbas que inundaban as beiras das carreteras do concello, as cales a semellanza dos movementos das masas continentais ven como cada ano se achica a súa anchura nun par de centimetros por banda, invadidas por un horror vacui vexetal que ameaza con absorvelo todo un día non moi lonxano. Transmutado no tempo e no espacio, o proxecto ideado por aquel eterno perdedor inglés chegado un malhadado día de finais do s. XIX ao incomprensible xigante eurasiático cúmprese nestes sofocantes días de primavera nas cunetas de Buría, rasurando non bosques de coníferas pero si mares de herba. Un barbeiro que non de Siberia pero si de Buría. O novo tractor municipal Kioti M39 amortízase rápidamente.

{phocagallery view=category|categoryid=603|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario