1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Peña Cabalar do Pincho realizou unha incursión intrépida ata CuresSi a incursión pasada dos cabaleiros do Pincho ata Ponteceso tivo un carácter de lebensraum, de búsqueda de inevitable espacio vital para unha peña cabalar á que os camiños da Costa da Morte se lle quedaron pequenos, a campaña ecuestre despregada esta semana cara Cures responde máis ao de "anschluss", de unión amistosa e consensuada entre terras veciñas e irmáns como son as da Ponte do Porto e as das diversas partes do concello de Vimianzo que lindan cos nosos terreos patrios. Así, sempre decididos a reinventar procesos e etapas clave da historia contemporánea, dun tono un tanto aciago, eso si, os cabaleiros porteños alá se foron a terras de Vimianzo ca intención reeditar os sucesos acaecidos en terras austriacas en 1938, sendo recibidos nun apartado cobertizo forestal polos parroquianos do lugar cunha ledicia e alborozo semellantes aos despregados por multitudes inxentes un 12 de marzo nas rúas de Viena.  Desta forma, paso a paso, golpe a golpe, a Peña Cabalar do Pincho segue queimando etapas no seu proxecto de dominio absoluto, inconstestable e abrumador das rutas equinas da Costa da Morte.

{phocagallery view=category|categoryid=596|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Ruta Cabalar a CuresBeldoña 03/04/2011 22:26
Dende logo, é un deporte fermosísimo, que aplaudo. ¡ Que pena non ter uns anos menos pa poder disfrutar a cabalo polos paraxes tan maravillosos que temos ! En fin, cada idade ten o seu " pecado " capital, e o voso é o do placer. Aproveitádeo.
Un saludo
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.