1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O camiño que conduce ata Fontebarreira deixou de ser unha tortura bacheadaHai xa uns cantos anos, nas boas épocas do Café Bar El Pinar rexentado por Tono, un cliente bastante entrado en anos explicaba aos que daquela non deixaban de ser uns precoces adolescentes que o secreto dun bo cubata se atopaba nin máis nin menos que nos hielos. Así, cada semana aquel cliente que non deixaba de ser asemesmo un mui retardado adolescente de cáseque setenta anos facía un par de viaxes ata a fonte de Portoselo cas que surtir do ingrediente clave aos cubatas que supostamente degustaban unha e outra vez no seu apartado nido de amor xoves presas atraídas polas artes amatorias dun galán da terceira idade. Aquel varón de alma púber e corpo xubilado era un devoto das prístinas e saudables augas verquidas no territorio que se atopa entre o Castelo do Soberano e a Cetárea de Eloy, os dous monumentos de arte derruida, deconstruida, posiblemente máis importantes do Concello de Camariñas, fonte á que sempre tenderon en maior medida as xentes do Barrio do Campo, mentras que as que habitan os distintos lugares de Buría tradicionalmente renderon santa devoción a Fonte Barreira e entre medias, os veciños do casco urbano da vila, por aquelo da proximidade,  dende antigo prefiriron acercarse ata a fonte da Milleira.

Se a fonte de Portoselo toma o seu nome dunha praia e a da Milleira dun barrio, a fonte que se atopa no camiño que leva ata o Lugar do Outeiro en Buría dou nome a unha rúa e a un lugar e nestes días está de noraboa porque ven de estrenar un novo e flamante firme despois de anos de abandono total e desesperante. Unha vía pola que parecía que acabaran de pasar as brigadas de tanques rusos que se dirixían a Chechenia ca súa sucesión interminable de baches, nudos de bombas, reparcheos e alquitráns e gravillas esparcidos ao bo tuntún ao longo do seu percorrido, estrea cas primeiras chuvias primaverais un piso de formigón liso e unhas novas correntes subterráneas de saneamento ca súa debida separación entre pluviales e augas negras. Obra que empata aspecto estético co da recén nomeada Rúa da Sra. Estrella de Cándido, fui financiada totalmente pola Deputación da Coruña dentro do Plan Anticrise 2009, sendo adxudicada polo Concello á empresa laxeira de Fermín Simal. Obra que fará en definitiva que a partires de agora, ir a buscar as benditas augas de Buría sexa un pracer.

{phocagallery view=category|categoryid=594|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario