4.1612903225806 1 1 1 1 1 Rating 4.16 (31 Votes)
Camarinas.eu, volcada por igual con todas as parroquias que compoñen ese imaxinario colectivo chamado Concello de Camariñas, volve sobre un tema histórico: a consecución por un equipo modesto dunha pequena vila da Gran Copa da Costa da temporada 69/70. Moitos aínda recordan na Ponte do Porto aquel lexendario equipo, o mellor que se veu nunca na vila porteña, unha xeración de ouro formada por xogadores da talla dos camariñáns Juan do Penedo, Moncho do Peruco, Camuel, os porteños Italia, Ricardo do Barbeiro "El Bravo de la Costa", Manolo O Xaviñán, Pepe Canillas, Pichurri, "O Chocolate" de Muxía, Pepe do Caión, etc.. que baixo o firme timón do adestrador Juan José Rego e a presidencia de Don Manuel "do Gransolo" lograron vencer ao Carnota nunha final a dobre partido, impoñéndose na ida por 3-4 no feudo carnotán e por un folgado 5-2 no mítico pero agora bastante destartalado Campo da Grixa.
Un Porteño F.C. formado por xogadores de todo o Concello de Camariñas (non debemos esquencer que naquela época non existia o F.C. Camariñas, polo que o equipo da Ponte do Porto era o único equipo do concello nas competicións oficiais), chegaba a final contra o Carnota invicto, despois de triturar nun paseo militar a tódolos equipos que lle fixeron frente nas rondas previas. O confidente secreto de camarinas.eu, xogador clave naquel equipo glorioso, recorda que o día da final, o equipo entrenado polo Camariñán J.J. Rego desarbolou por completo ao Carnota sen darlle nen a máis mínima oportunidade en ningún momento. O mítico (pero agora xa bastante destartalado) Campo da Grixa vivío aquela tarde o día máis glorioso de toda a súa historia, enchéndose ata a bandeira e acadando o Porteño F.C. a recadación récord de 100.000 pesetas daquela época... Agora, o Porteño, despois duns anos desapecido, volveu a irrumpir con forza no panorama competitivo oficial, e ¿quen sabe se no futuro outra xeración de ouro volve a levar o nome da nosa querida e fermosa vila Porteña ata a Gloria? Camarinas.eu sentiría ese triunfo como algo propio.

Comentarios   

maky
+1 # equipazomaky 07/11/2007 11:51
Na ponte do porto estamos orgullosos desta xente que gañou esa copa da costa.
Responder | Denunciar ante o administrador
Fatiminha
+1 # Fatiminha 23/11/2007 15:42
Esto non pode ser... Penso que na Ponte suceden algunhas cousiñas máis como para non poñelas...Por ejemplo as obras que están facendo!!
Responder | Denunciar ante o administrador