1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O palista conversa antes de proceder á demolición definitiva do xardinciño do PaseoDe aquí ata o 22 de maio de 2011, datas das eleccións municipais e autonómicas, o pico e a pala da obra pública faranse os donos da arruinada face das terras de España: presas dunhas convulsas e frenéticas febres tifoideas máis de 8.000 concellos e unhas cuantas comunidades autónomas, esos pequenos reinos de taifas despilfarradores e territoriais, cáncer que acabará levando á tumba a unha das nacións máis antigas deste planeta, poñeranse a adxudicar e executar obra pública ca prodigalidade propia dun quinceañeiro saudí. Incluso non recuncho tan apartado como a Costa da Morte as febres tifoideas antes mencionadas seguramente tamén terán lugar.

Imposible non confundir con toda esta avalancha de obra apresurada que en breve inundará os camiños de España, a inversión que dende agosto de 2010 se leva executando na Rúa Real e na Praza do Mercado de Camariñas. Despois de meses, parece que empeza xa a ver a luz: tras levar a cabo o cambio de saneamento na Rúa Real e a pavimentación desta histórica rúa camariñana a base de formigón impreso e cores chisporroteantes, agora chegoulle o momento a Praza do Mercado e ao seu entorno. Aquí os cambios son xa de máis envergadura e suporán un pequeno traslado do cruceiro que lucía ao carón da Ermita do Carme, a demolición que este venres a empresa adxudicataria Construcciones Canto Carril acometía do xardinciño que lucía tipo fino enfrente da parada de taxis (e que foi reformado non hai moito), así como un pavimentado de pedra previsto nalgúns tramos. Así pois, parece que por fin a obra collío ritmo e si todo vai como debera, a obra estaría a punto para a Semana Santa. Xa vai sendo hora.

{phocagallery view=category|categoryid=545|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=7}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.