1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os cabaleiros da Peña do Pincho achegáronse nesta ocasión ata a capital municipalDespois dun ano de andanzas cabalares polos distintos recunchos da Costa da Morte, faltaba por cubrir o treito que separa a Ponte do Porto ca capital municipal. E fíxose a ruta unha xornada de domingo, en horario chiquitero e con traxes flamencos. A realzar a aposta camariñana da Peña Cabalar do Pincho contribuío decisivamente unha espléndida climatoloxía veraniega que dotou de aires sureños á Vila das Palilleiras. Pero acontece que o horario chiquitero é unha cousa moi seria para os costumes porteños e que cumpre cumprir de modo inexcusable. Para elo á volta cara a capital do Río Grande parou a comitiva do Pincho no Areal xaviñán do Ariño e alí ben surtidos de viandas e licores cumpríose a raxatabla cas antigas leis porteñas. ¿Cal será a próxima aposta excursionista da comitiva cabalar do local de moda da Ponte do Porto?

Engadir un comentario