1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Unha vaga de prohibicións exténdese por España: primeiro os toros; depois, os fumadores; agora, os piperos

Primeiro foi a expulsión dos toros (e de todo canto vaia vinculado a idea de España) de Cataluña; despois foi a cruzada que conseguío o retorno dos aires puros aos sagrados recintos dos bares a través do exilio de millóns de fumadores as portas dos mesmos; e a terceira estampa desta vaga prohibitoria que se extende como unha praga polas terras ibéricas terá lugar no Estadio Hermanas Patiño. Segundo puido saber en exclusiva Camarinas.eu en breve serán instalados no estadio municipal camariñán unha serie de carteis que prohibirán de forma taxativa a consumición de pipas ao longo das barandas que circundan o terreo de xogo. Pobre de aquel que pensara fuxir das medidas prohibitorias impostas aos fumadores polo goberno de Zapatero refuxiándose nas pipas: a persecución de todo tipo de vicios será implacable e alcanzará ao consumo compulsivo de calquer producto, incluidas as, en apariencia, inofensivas pipas, botando desta forma a perder a principal fonte de financiación vía chiringuito do Xaviña FC.

A medida en principio tan só afecta ao borde do espléndido terreo de herba artificial conseguido a costa de tan grandes sacrificios (económicos) e non se sabe si ven imposto polas necesidades de conservación do piso artificial ou si foi debido a que o mar de pipas que inundaba fondos e laterais do campo causaba algún tipo de perxuizo aos xogadores. En todo caso, como decíamos, unha derivada desta medida prohibitiva será o fin da principal vía de ingresos do Xaviña FC, o cal obrigará á maior sabiduría futbolística da Costa da Morte, Isaac Caamaño, Presidente do conxunto xaviñán, a reducir aínda máis os gastos cos resultados que elo pode traer aparallados, non desbotándose a posibilidade de verse obrigado a vender ao mellor postor a algunha das xoves promesas do acorazado balompédico xaviñán. En todo caso, unha das consecuencias será a visión cotidiana de pequenos grupúsculos de yonquis piperos consumindo afanosamente as portas do recinto deportivo cantidades inxentes do producto popularizado por Facundo ("Un placer de este mundo"). A outra podería traer aparellada incluso a desaparición, no medio dunha quiebra financiera e dun multitudinario concurso de acreedores, do Xaviña FC. Veremos o que nos depara este futuro cada vez máis sorpresivo e impredecible.

Engadir un comentario