Camarinas.eu atopou unhas das posibles causas que explicarían os retrasos na execución da 3ª Fase do Paseo Marítimo

O Porto de Camariñas esconde no seu seo sorpresas insondables e recónditas. Frustrada en datas recentes a formación no Muelle do Curbeiro dunha barrera coralina co afundimento dos restos decrépitos do barco chatarra, agora podería desbotarse ca execución da 3ª Fase do Paseo Marítimo o que viría a constituir un auténtico paraíso para a fauna animal nas Pedras do Canzorro, a tradicional praia das masas humildes de Camariñas. Esta pasada semana podíamos contemplar como un equipo de expertos ornitólogos dotados de aparatos da máis alta precisión telescópica se tiraban ata dúas horas estudando os hábitos e modus vivendi das alladas gaivotas e dos famentos e escuálidos araos que habitan cotidianamente nas miserables pedras do Canzorro, unhas rocas que segundo o prometido nesta vila antiga e noble un 9 de abril de 2010 a estas horas deberían xacer baixo o entullo de centos de toneladas de terra e grava.

E por elo que, botada a perder xa unha vez por Portos de Galicia a posibilidade de formación dun paraíso para o turismo ecolóxico na nosa vila, para non caer dúas veces no mesmo erro tomaríase polo ente autonómico a importante de decisión que explicaría os graves retrasos acumulados na execución da mentada 3ª fase do borde portuario camariñán, xa que vista a existencia dun verxel ornitolóxico no decrépito areal do Canzorro, ¿quen podería reprocharlle agora aos mandamases do ente autonómico a paralización das obras que cambiarían para sempre a faz de Camariñas? ¿Onde atoparían os misérrimos e desprestigiados araos camariñáns esas sabrosas tripiñas e cabezas de peixe limpiadas sobre as pedras do Canzorro dende tempo inmemorial polas masas humildes da nosa vila? ¿Onde, os nutritivos detritos vertidos ao porto polos intestinos de toda unha poboación?

 


 

Comentarios   

diegoalfr
+1 # Promesas...diegoalfr 06/02/2011 17:18
Bueno, para min foi unha sorpresa ver toda a batería de actuacións que o Presidente de Portos prometera ese día. Foi algo que non se me olvidou e que incluso creín no seu momento. Todos os que estábamos alí xa fóramos periodistas, políticos, empresarios ou xente do pobo que alí acudío salimos da lonxa onde se presentou o acto con un sorriso de orella a orella ao ver a Álvarez-Campana explicándonos todo esa revolución inminente que se produciría en Camariñas (no seu porto) ese mesmo ano. A verdade é que ese ano xa pasou e, agora en febreiro de 2011, eu que alí estiven presente teño serias dúbidas de que se leve a cabo nos prazos previstos (ou incluso que se leve a cabo). En fin, gustaríame algún día poder entrevistar ao Presidente de Portos que tanta ilusión nos inxectou e poder saber cales son as causas de este retraso, pero... xa se pedío esta explicación publicamente e bueno, non houbo resposta de ningún sitio.

Creo que non estamos pedindo nada que non sexa noso, tan só pedimos respeto.
Responder | Denunciar ante o administrador