1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Camarinas.eu volve a Buría para chequear o estado das obras na Pista a Mourín

Pois xa casi está a punto a obra das beirarrúas da antiga pista, agora avenida, que leva a Mourín. Segundo nos contan a falta da chegada da autorización de Patrimonio para retrasar un cabazo e dun tramo no que ao parecer aínda non se chegou a un acordo cos propietario, xa están cáseque rematadas unhas obras que inclúen un sustancial aumento do ancho da carretera ata os sete metros e que conlevou en ocasións derruir muros e cerres e noutros levar por diante ata dous metros dalgún garaxe existente.

Estamos a falar polo tanto duns traballos que constituíron no seu 95% un exemplo perfecto de colaboración dos veciños, que a cambio da cesión de algún que outro metro de terreo da súa propiedade contarán agora cunha auténtica avenida onde ata o de agora existía unha achicada pista con cunetas de silvas e toxos, e cunhas beirarrúas dotadas de tódolos servizos. Estamos sen dúbidas, frente a outros proxectos máis ou menos discutibles e discutidos, ante unha das obras máis acertadas e necesarias das executadas nos derradeiros catro anos no Concello de Camariñas.

 

Comentarios   

MADRILEÑO
+2 # Beirarrúas...MADRILEÑO 03/02/2011 20:24
Xa iba sendo hora de que as calles, onde se poideran facer ,fosen dotadas de ese ben tan necesario pra seguridade dos peóns no noso pobo, pero tamén quero decir que oxalá non pase coma na agra de baixo , e que queden sementados postes, saltos a distinto nivel, e outras merdas máis no medio delas durante os séculos vindeiros,como parece ser que estamos xa acostumados a ver, do resto só me queda decir : ¡ CHEGOU O PROGRESO A MOURIN! ( TAMEN NON FOI SEN TEMPO EHH!!...) CAMARIÑAS SEMPRE ADIANTE, SEMPRE A MILLOR !!...
Responder | Denunciar ante o administrador