- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Novembro 2007 02 Novembro 2007
Moito cambiou o panorama mariñeiro da nosa Costa da Morte dende que os nosos avós se embarcaban á aventura naquelas tarrafas e botiños en épocas non tan lonxanas. Sen dúbida que foi así este cambio ata o punto de que ata do outro lado do mundo, dende a lonxana Asia, chega xente a traballar nos novos e sofisticados buques que saen a faenar desde todos os portos desta costa.
Aos abundantes mariñeiros peruanos que tan duro traballan nos barcos da rede de Camariñas, súmanse estes dous rapaces indonesios que, por mediación dunha axencia de traballo chegaron para traballar en Camelle no barco "Juan Pedro 1" que forma parte das embarcacións dunha coñecida familia de armadores camelláns. O pasado de Camariñas e de toda a Costa da Morte estivo vinculado estreitamente ao mar ata tal punto de que este lugar non existiría sin a pesca. Por iso non podemos deixar de pensar o que suporía para o noso pobo e para toda esta zona costeira a pérdida ou intento de desmantelar a industria máis importante que temos: a pesca de baixura.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.