- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Febreiro 2011 01 Febreiro 2011
Da man da Peña Cabalar radicada na Ponte do Porto aquí en camarinas.eu xa cubrimos algunhas das rutas máis fermosas da Costa da Morte. Así, alomos das briosas monturas dos cabaleiros porteños a singladura informativa da web líder da Costa Atlántica achegouse ata terras de Senande, cubrío a desembocadura do Río Grande no Areal do Ariño, visitou as terras de Carnés ou fuise ata Arou en intrépida expedición equina. A derradeira carga da brigada lixeira do Pincho levounos ata un dos principais graneiros deste remoto recuncho atlántico: Quintáns. Terra dunha alma profundamente campesina, llanura extensa e fértil, porta de entrada ao Concello de Muxía, fai honor ao seu destino a posesión dun dos cabazos máis grandes do mundo, sito na veciña parroquia de San Martiño de Ozón así como o dunha casa rectoral típica da antiga Galicia agrícola e gandeira. Como si de calquera daqueles caciques decimonónicos tan ben retratados por Emilia Pardo Bazán en Los Pazos de Ulloa se tratase, unha serie de cabaleiros porteños achegáronse a lomos das súas estilizadas monturas ata este inmutable verxel campesino da Galicia eterna para brindar ao electorado máis numerosas destas terras antigas outra das súas rutas pola Costa da Morte.
{phocagallery view=category|categoryid=523|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.